miércoles, 11 de febrero de 2009

A PALABRA DO DÍA

apóstrofe, apóstrofo

Ambas palabras teñen significados moi diferentes, aínda que a súa etimoloxía é bastante próxima, e é moi fácil que se confundan O apóstrofe é unha figura retórica que consiste en 'dirixir a palabra con vehemencia en segunda persoa a unha ou varias, a seres abstractos ou a cousas inanimadas, ou en dirixila a si mesmo en iguais termos'. Apóstrofe provén do latín "apostrophus", e este do grego "apostrophé" (acción de apartarse). Isto porque o que recorre á figura do apóstrofe interrompe de súpeto o fío do seu discurso, apártase del, para dirixirse con vehemencia cara a outra persoa.


O apóstrofo, en cambio, é un signo ortográfico coa forma dunha especie de acento, que se emprega para indicar a omisión dunha letra, e provén do latín "apostrophus".

Para non confundirnos, basta apenas lembrar que cando 'apostrofamos' a alguén estámoslle dirixindo un apóstrofe, e non un signo ortográfico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario