miércoles, 18 de febrero de 2009

O DEMOSTRATIVO

PERSOA

NÚMERO

MASCULINO

FEMININO

NEUTRO

Singular

este

esta

Isto

Plural

estes

estas

…………….

Singular

ese

esa

Iso

Plural

eses

esas

……………..

Singular

aquel

aquela

aquilo

Plural

aqueles

aquelas

……………….

CONTRACCIÓNS DOS DEMOSTRATIVOS:

* Contraen coas preposicións DE e EN:

Demostrativo

Este,…

Ese,…

Aquel,…

Preposic.




DE

Deste(s)

Disto

Desta(s)

Dese(s)

Diso

Desa(s)

Daquel(s)

Daquilo

Daquela(s)

EN

Neste(s)

Nisto

Nesta(s)

Nese(s)

Niso

Nesa(s)

Naquel(s)

Naquilo

Naquela(s)

* Contraen co indefinido OUTRO:

Persoa

Número

Masculino

Feminino

Singular

Estoutro

estoutra

Plural

Estoutros

estoutras

Singular

Esoutro

esoutra

Plural

Esoutros

esoutras

Singular

Aqueloutro

aqueloutra

Plural

Aqueloutros

aqueloutras


OLLO: estas son as formas habituais, pero tamén se usan as formas plenas, non contractas (estes outros; ese outro; etc). Estas son as únicas posibles para as formas neutras: aquilo outro; iso outro; isto outro.

* Os demostrativos xa contraídos con OUTRO, poden tamén contraer de novo coas preposicións DE e EN: Exs: Destoutro/a; desoutro/a; nesoutro/a; daqueloutro/a; daqueloutras, naqueloutro; etc

** Pero estas contraccións non se poden usar cando a preposición non afecta ao substantivo modificado polo demostrativo:

Ex: De estas razóns seren admitidas (NON: destas razóns…) (De seren admitidas estas razóns)

Que funcións teñen os demostrativos?

Os demostrativos que acompañan a un substantivo fan a función de determinante e, por tanto, concordan co substantivo en xénero e número: Estes lapis

Cando os demostrativos substitúen un substantivo dicimos que fan a función de pronome: Esta é a boa

Nesta función atopamos as formas neutras iso/, isto/, e aquilo/ que sempre son pronomes: Iso non me gusta nada

Tende en conta que as formas neutras son invariables, isto é que non teñen feminino nin plural

RENDEMENTO ESTILÍSTICO DOS DEMOSTRATIVOS:

Os demostrativos sitúan (é dicir, fan referencia deíctica) no tempo e no espazo o substantivo ao que acompañan ou se refiren. ESTE indica o campo do falante; ESE, o campo do oínte; AQUEL, o situado no campo de EL/ELA ou o que está afastado dos dous interlocutores.

Pero os demostrativos poden desempeñar tamén unha función de referencia intratextual, porque poden representar:

1- Un sintagma presente anteriormente no discurso e remitir a el (ANÁFORA)

EX: El vende verzas e grelos, estes un pouco máis caros que aquelas.

Verzas = aquelas Grelos = estes

2- Ou tamén pode anunciar un sintagma que vai aparecer máis adiante no discurso (CATÁFORA): EX: Para gañar o partido esta será a nosa táctica: xogaremos polas bandas. (Esta = xogaremos polas bandas)

VALORES ESPECIAIS DOS DEMOSTRATIVOS:

* Valor afectivo. Ex: “¡Este Paco!

* Valor pexorativo. Ex: ¿E ti vas comer iso?; ¿A iso lle chamas ti coche?

* Valor despectivo: Ex: Ese non sabe o que é bo; Non sei nin como che escoito iso

* Valor de palabra clixé ou comodín (só é de uso vulgar), usando AQUEL e AQUELA como substantivos de significado indeterminado: Exs: Co aquel dunha dor de moas, non veu traballar (Aquel = escusa). Ten un aquel para o baile que dá gusto velo

* Tamén se constrúen formas verbais comodín (AQUELAR E AQUELOUTRAR) cun significado indeterminado que depende do contexto (só de uso vulgar): Ex: Cando lle mandas facer algo aqueloútrase. Deixouno aquelado o accidente.

* OLLO: Hai que evitar o uso na fala e na escrita destas palabras comodín pois só empobrecen a expresión.

* Valor adverbial temporal: NISO; NESTAS; CON ISTO (= nese intre; entón).

Exs: Ían descubrir o asasino e nisto (ou nestas)…estragouse o televisor.

Entoaron o himno e con isto deuse por rematado o acto.

* DAQUELA admite dous valores:

1-Adverbial temporal: EX: Daquela non había coches coma os de hoxe.

(Daquela = naquela época; naquel tempo)

2-Conxunción: (= en consecuencia; polo tanto; así que)

Ex: Non é socio do club, daquela non poden deixalo entrar.

* Úsanse os demostrativos en frases feitas como: por iso, por esas, iso xa, iso si, con esas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario