viernes, 30 de octubre de 2009

Marcadores espaciais


Cerca de, preto de, xunto a, xunto de, ó lado de, ó pé de, cabo de, a carón de, á beira de, a rentes de...

Ó lonxe, de lonxe...

Arredor de, ó redor de, en torno...

Debaixo de, baixo de.../ Enriba de, encima de, arriba, derriba, por riba de, sobre,...

Dentro de / Fóra de.... En fronte de / Diante de.../ Detrás de, tras... Despois de.../ Desde alí...

Aquí, alí, aí, acá, alá, aló, acó, acolá,...

Á esquerda, á dereita,...

- Tamén é frecuente o uso da forma verbal do xerundio. Exemplos: Pasando a ponte...; cruzando a rúa...; case chegando ó final da estrada...

lunes, 26 de octubre de 2009

As grallas no exame da Xunta



A versión en galego do primeiro exercicio no concurso ao Corpo Superior, Grupo A1, a fin de semana pasada, estaba inzado de grallas.

Proba do sábado:

Pregunta 1.-
b) Cando se acorde por Xuíz ou Tribunal, logo de valoración cincunstanciada dos
intereses en conflito.
cincustanciada-> circunstanciada

Pregunta 17
a) Só en caso de dolo, culpa ou neglixencia grave declarada en sentenza xudicial asine
sentenza xudicial asine-> senteza xudicial firme

Pregunta 25
a) Aquells fundacións constituídas na súa totalidade por achegas da Administración ...
Aquells-> aquelas

Pregunta 26
b) Será único para toda a Comunidade Autónoma de Galicia, e estará adscrito a ría que así se determine regulamentariamente.
a ría-> Consellería

Pregunta 49
c) Formularánse por escrito no que se relatará o feito que motiva a queixa.
Formularánse-> Formularanse

Pregunta 53
b) Anteproyectos de lei ou proxectos de disposicións administrativas ...
Anteproyectos-> Anteproxectos

Pregunta 54
a) Os asuntos en que tivese ditaminado o Consello de Estado non poderán remitirse a informe de ningún outro corpo ou órgano de ado.
órgano de ado-> da Administración do Estado

Pregunta 57
De acordo co artigo 13 de a Lei orgánica 2/1982, do 12 de maio ...
de a-> da

Pregunta 61
De acordo co artigo 43 de a Lei 30/1992, do 26 de novembro ...
de a-> da

Pregunta 63
c) A publicación dun acto deberá conter os mesmos elementos que o punto 2 do artigo 58 da de a Ley 30/1992, do 26 de novembro, ...
da de a Ley-> da Lei

Pregunta 67
De acordo co artigo 6 de a Ley 6/1997, do 14 de abril ...
de a Ley-> da Lei

Pregunta 68
De acordo co artigo 9 de a Lei 6/1997, do 14 de abril ...

de a -> da

Pregunta 76
d) Os municipios con menos de 100 habitantes que tradicionalmente conten con este singular réxime de goberno e administración, sempre que se constitúan coa aprobación de la Comunidad Autónoma.
de la Comunidad Autónoma-> da Comunidade Autónoma

Pregunta 78
a) Alcalde e catro concelleiros, os cales, co secretario de ión e o perito ...
b) Alcalde e tres concelleiros, os cales, co secretario, o interventor de ión e o perito ...
c) Alcalde e dous concelleiros, os cales, co secretario de ión e o perito ...
secretario de ión-> secretario da Corporación
o interventor íon-> o interventor da Corporación
secretario de íon-> secretario da Corporación

Proba do domingo:

Pregunta 7
Segundo o art.º 20 do Regulamento do Parlamento de Galicia, ¿en qué casos queda suspendida a condición de deputado? c) e d) Cando unha sentenza firme condenatoria así impóñao ...
¿en qué?-> ¿en que? ou en que?
así impóñao-> así o impoña

Pregunta 17
De acordo co artigo 21 de a Ley 3/1980, do 22 de abril, ...
de a Ley-> da Lei

Pregunta 21
Segundo a Lei 29/ 1998, da xurisdicción contencioso administrativa ...
da xurisdicción-> da xurisdición

Pregunta 27
Cal das seguintes procedimientos non se inclúen no ámbito ...
das siguintes procedimientos-> dos siguintes procedementos

Pregunta 45
a), c) e d) Os ditames do Conselo Consultivo serán de carácter ...
Conselo-> Consello

Pregunta 46
d) Ninguna das anteriores.
Ninguna-> Ningunha

Pregunta 51
a) Polo Conselo de contas de Galicia ...
b) Polo Conselllo de contas de Galicia ...
Conselo de contas->Consello de contas

Pregunta 74
c) Poderase acordar a achega de bens inmobles patrimoniais calquiera que fora o seu valor ...
calqueira-> calquera

Pregunta 79
Segundo el artículo 17 de la Lei 33/2003, ...
el artículo->o artigo

Pregunta 114
a) O presidente da Xunta será elixido polo Parlamento Gallego ...
Parlamento Gallego->Parlamento Galego

http://www.vieiros.com/nova/76873/tradutor-automatico-desidia-ou-pouco-galego-na-escola

miércoles, 21 de octubre de 2009

Errores léxicos - X

convalidación-> Trátase dun castelanismo. Equivale aos termos galegos: validación, revalidación ou confirmación.

asignatura-> é un castelanismo léxico que se pode eludir facilmente polos termos "materia" ou "disciplina".

aportar-> significa "chegar a porto", e non se pode utilizar co significado de "proporcionar algo novo ou distinto a unha determinada cousa.

apiar/apilar-> Esta palabra, como substantivo, é unha variante de APEAR, que significa "correa ou corda que suxeita o xugo ao pescozo da vaca ou do boi".

aparte-> en galego sería "á parte"

añada-> A colleita dun ano, referido especialmente ao viño, é "anada".

alomenos->Este adverbio débese expresar a través das formas "polo menos, tan sequera".

abono-> significa "acción ou efecto de facer un abono (subscrición)".

abogar->O correcto é "avogar".

miércoles, 14 de octubre de 2009

Erros léxicos - IX

estudio-> A forma "estudio" é válida se se refire a un lugar ou a un local, e é incorrecta se é o substantivo derivado do verbo estudar ou este verbo conxugado.


esto/eso/aquelo
-> No acordo normativo do 2003, elimínanse as formas esto*, eso*, aquelo* como formas do pronome demostrativo neutro e pasan a ser as únicas correctas: isto, iso, e aquilo.


eres
-> A forma propia é "es".


elo->
É válida como substantivo "cada unha das pezas que forma unha cadea". Non é válida hoxe coma forma neutra do pronome persoal (tónico). O galego habilitou no seu lugar as chamadas formas neutras do demostrativo: isto, iso e aquilo.


e-mail->
O termo inglés "e-mail" comprende dúas nocións diferentes en galego: correo electrónico e enderezo electrónico. "Correo electrónico" refírese a unha 'aplicación nun ordenador ou nunha rede de usuarios pola vía da cal se poden enviar e recibir mensaxes'. En cambio, o "enderezo electrónico" é o enderezo que usamos de correspondencia electrónica. A abreviatura de "enderezo electrónico" é "c-elec" ou "correo-e". Débese ter en conta que en moitos casos non fai falta utilizala, posto que os enderezos electrónicos recoñécense porque levan o símbolo @.


diferencia->
A 3ª persoa do presente de indicativo do verbo diferenciar é "diferencia", polo que esta forma é totalmente válida cando se refire ao verbo conxugado.


dieta->
É forma correcta se a utilizamos co sentido de "réxime alimentario", mais co significado de "honorario que percibe un funcionario por gastos extraordinarios realizados" debemos utilizar a locución "axuda de custo".


despacio->
"Despacio" é un castelanismo que haberá que substituír por "amodo", "devagar", "pouco a pouco", "sen présa", "lentamente".


desenrolar->En galego unicamente ten o significado de borrar do rol ou estirar algo que estaba dobrado ou encollido en forma de rolo.



convinte->
Non é forma aceptable pois o adxectivo correcto en galego é o cultismo "conveniente". Do mesmo xeito rexeitaremos o substantivo "inconvinte" en favor da forma propia "inconveniente".

jueves, 8 de octubre de 2009

Erros léxicos - VIII

largo -> en galego significa "amplo, extenso, vasto, espazo folgado" e, polo tanto, é forma oposta ou antónima do adxectivo "estreito". Debemos evitar, xa que logo, o significado de "con moita lonxitude" para o que se debe utilizar o adxectivo "longo". Falaremos así por exemplo dun "campo de xogo longo pero pouco largo".


interrogativas/exclamativas ->
A entoación interrogativa ou exclamativa márcase ao final do enunciado por medio de signos ? e !, respectivamente. Na orixe o signo de interrogación situábase só ao remate, e este segue sendo a práctica máis frecuente entre as linguas do noso ámbito. Mais hai que ter en conta que en moitas delas a frase interrogativa contén marcas gramaticais que sinalan claramente o inicio da interrogación. Outras linguas, pola contra, carecen destas marcas gramaticais, de xeito que, se non se sinalan graficamente ao inicio da entoación esta queda en moitos casos sen marcar (entre estas linguas está o galego). Na nosa lingua o único que diferenza unha oración interrogativa doutra enunciativa é a distinta entoación xa dende o principio; para advertir o lector esta diferenza, é conveniente marcar cun signo de interrogación o punto en que se produce o cambio cando houber calquera dúbida de interpretación: vou contigo ao teatro, ¿ou queres que quede?; ¿vou contigo ao cine,ou queres que quede?


intereses/xuros ->
O "interese" pode ser tres cousas: a) Importancia ou valor que unha cousa ten para alguén. b) Desexo que unha persoa ten por ver, saber ou coñecer algo. c) Cousa que convén ou que pode beneficiar a alguén. Pola contra "xuro" é a cantidade de diñeiro que dá un un banco por un capital que se meteu nel ou ben a cantidade que cobra un banco ou unha persoa por un capital que emprestou.


impartir->
En galego ten o significado de "partir, dividir,repartir". Non se debe utilizar no sentido do español de "comunicar algo". Así, en lugar de "impartir clases" emprégase "dispensar clases" ou "dar clases". Así mesmo "impartir unha conferencia" dirase "pronunciar, ler ou dar unha conferencia".


gran/grande, san/santo ->
Debemos empregar "gran" cando a continuación temos un substantivo que comeza por consoante e "grande" nos demais casos. "San" débese empregar diante dos nomes propios que comezan por consoante (San Bieito), mentres que "santo" debémolo empregar diante dos nomes que comezan por vogal (Santa Ana).


exixir->
Coa reforma normativa do 2003, dáse a posibilidade de que apareza dúas veces x en posición intervocálica, a primeira vez co valor de [ks] e a segunda co de [∫]. Nestas palabras pódese optar por substituír o primeiro x por s, ou ben manter inalterado o grupo etimolóxico (exaxeración, exaxerar, exaxero, exexese, exexético, exixencia, exixente, exixir, etc.)

miércoles, 7 de octubre de 2009

Erros léxicos - VII

profundizar -> En galego debemos utilizar "afondar" ou "profundar".

postgrao ou posgrao -> Débese empregar o prefixo post- cando o substantivo que temos a continuación comeza por vogal, e o prefixo pos- cando comeza por consoante.

poñente ->O VOLGA acepta "poñente" como o punto cardinal polo que se pon o sol, e non ten o significado de persoa que fai unha exposición detallada, oral ou escrita. Para este significado debemos utilizar "relator". E "relatorio" para a exposición detallada, oral ou escrita.


plantilla->
Trátase dunha palabra castelá, segundo se aprecia polo sufixo -illa típico desa lingua. Podémola substituír en galego por "cadro de persoal" ou "persoal". Cando se refire á peza con que se cobre por dentro a planta do calzado debemos utilizar o termo "soleta".


plantexar->
as formas galegas polas que podemos substituír estes castelanismos son "formular", "propor", "establecer","presentar", etc.


non se o perda->
Trátase dun castelanismo. En ningún caso o pronome "se" concorre cos pronomes "o-a-os-as". Son aberrecións "Non se o perda" ou "Ténseo crido". No seu canto diremos "Non o perda" e "Teno moi crido".


meses ->Os meses, así coma os días da semana e as estacións do ano escríbense en minúscula. Sempre que non vaian despois de punto ou ao comezo dunha oración.



mero (polo mero feito) -> Si, é correcto
. O adxectivo mero, -ra (do lat. meru) significa simple, superficial e debe utilizarse sempre antes do substantivo. Así é correcto dicir "por unha mera cuestión" pero non o sería "por unha cuestión mera". Xa que estamos, un mero ou cherna é un peixe marrón e ancho, que pode chegar a ter un gran tamaño e está moi valorado na cociña


máster->
O plural de "máster" é "másters". Tamén se pode utilizar "mestrado"(s) para facer referencia a este tipo de estudos.




lente->
é unha palabra feminina en todas as súas acepcións: como disco transparente que se utiliza para desviar os raios de luz e como instrumento óptico composto por dúas lentes que se apoian no nariz e as orellas. Neste último caso utilízase incorrectamente tamén en masculino (rompín os lentes*).