profundizar -> En galego debemos utilizar "afondar" ou "profundar".
postgrao ou posgrao -> Débese empregar o prefixo post- cando o substantivo que temos a continuación comeza por vogal, e o prefixo pos- cando comeza por consoante.
poñente ->O VOLGA acepta "poñente" como o punto cardinal polo que se pon o sol, e non ten o significado de persoa que fai unha exposición detallada, oral ou escrita. Para este significado debemos utilizar "relator". E "relatorio" para a exposición detallada, oral ou escrita.
plantilla-> Trátase dunha palabra castelá, segundo se aprecia polo sufixo -illa típico desa lingua. Podémola substituír en galego por "cadro de persoal" ou "persoal". Cando se refire á peza con que se cobre por dentro a planta do calzado debemos utilizar o termo "soleta".
plantexar-> as formas galegas polas que podemos substituír estes castelanismos son "formular", "propor", "establecer","presentar", etc.
non se o perda-> Trátase dun castelanismo. En ningún caso o pronome "se" concorre cos pronomes "o-a-os-as". Son aberrecións "Non se o perda" ou "Ténseo crido". No seu canto diremos "Non o perda" e "Teno moi crido".
meses ->Os meses, así coma os días da semana e as estacións do ano escríbense en minúscula. Sempre que non vaian despois de punto ou ao comezo dunha oración.
mero (polo mero feito) -> Si, é correcto. O adxectivo mero, -ra (do lat. meru) significa simple, superficial e debe utilizarse sempre antes do substantivo. Así é correcto dicir "por unha mera cuestión" pero non o sería "por unha cuestión mera". Xa que estamos, un mero ou cherna é un peixe marrón e ancho, que pode chegar a ter un gran tamaño e está moi valorado na cociña
máster-> O plural de "máster" é "másters". Tamén se pode utilizar "mestrado"(s) para facer referencia a este tipo de estudos.
lente-> é unha palabra feminina en todas as súas acepcións: como disco transparente que se utiliza para desviar os raios de luz e como instrumento óptico composto por dúas lentes que se apoian no nariz e as orellas. Neste último caso utilízase incorrectamente tamén en masculino (rompín os lentes*).

Dúas dúbidas, que palabra temos que empregar cando nos referimos a unha "plantilla" para introducir datos. E a outra é se está ben dito tortilla en galego
ResponderEliminarEladio espero que isto che aclare as dúbidas
ResponderEliminar*plantilla (dunha empresa): o correcto é cadro de persoal.
*plantilla (do calzado): o correcto é soleta.
*plantilla (guía, modelo): o correcto é guía, modelo
O VOLGa trae tortilla
Grazas por deixar comentario. Bicos
É a primeira vez que poño os pés neste blogue. Coido que terei que facelo de cotío para mellorar a miña grafía galega.
ResponderEliminarGrazas polo seu esforzo e servizo.
Unha aperta.
Unha aperta
ResponderEliminar