quenes -> Non é correcta, pois en galego o relativo "quen" non presenta variación nin de xénero nin de número. Por outra parte, "quen" adoita aparecer co verbo en singular (quen o fixo?), aínda que tamén o faga co verbo en plural, especialmente co verbo ser (quen sodes vós?)
recén nacido -> O correcto sería "neonato" ou "acabado de nacer".
recorrer -> ten dous significados en galego: a) Presentar un recurso contra unha resolución dunha autoridade. b) Pedir axuda, información, valerse de... O verbo que se debe utilizar para referirnos ao feito de cubrir unha distancia ou andar un camiño é "percorrer".
redación -> A normativa 2003 reduce en moitas palabras os grupos cultos CT e CC pero só cando van, estes grupos consonánticos, despois de I e U. É o caso de REDUCIÓN, CONSTRUCIÓN, aínda que hai outras como CONVICCIÓN que seguen mantendo CC.
reflicto -> Malia ir o grupo culto despois de i, neste caso non se reduce porque se colle como referencia do lexema para as formas verbais a forma do infinitivo "reflectir", onde se mantén o grupo culto CT
reitor -> debe ir sempre en minúscula; xa que os cargos oficiais, as profesións e os títulos nobiliarios deben escribirse con letra minúscula, tanto se fan referencia a unha persoa concreta como se se trata dunha designación xenérica
reitoría/reitorado -> As dúas formas propostas son correctas pero por harmonización co resto das universidades galegas, na USC escollemos a forma REITORADO para o período que dura o mandato dun reitor. REITORÍA para o edificio, a oficina ou o cargo. Isto vale, evidentemente, para vicerreitoría/vicerreitorado.
roxo -> é correcta pero non co significado de vermello, senón co de persoa que ten o pelo de cor entre vermella e amarela, pero tirando a castaña.
sá -> son incorrectas expresións coma:"fútbol sá", "sá de exposicións", no canto de "fútbol sala" e "sala de exposicións".
sen embargo, nembargantes, entonces, anque -> As formas recomendables para substituílas poderían ser "aínda que", "non obstante" ou "entón".
http://www.usc.es/asesora/termos/
No hay comentarios:
Publicar un comentario