Medidas de capacidade para líquidos
1 moio -> 8 olas
1 ola, arroba, cántara -> 16 litros na maioría de Galiza/18 litros(concello da Peroxa, Ourense) e creo que algún concello de Lugo (se alguén o sabe, prégolle que o deixe no comentario).
1 canado -> 2 olas
1 canada -> 4 litros
1 carta -> 1/4 de canada
1 neto -> 1/2 litro
1 cuarteirón -> 1/4 de litro
Medidas de capacidade para áridos
1 fanega -> 4 ferrados
1 ferrado, tega -> 12 Kg de centeo, 16 Kg de trigo, 18 Kg de fabas, 20 Kg de millo.
1 escá, tego -> 1/2 ferrado
1 carteira -> 1/4 de ferrado
1 cunca -> 1/16 de ferrado