Boimorto-> * boi sempre nomea penedos terrestres ou marítimos (O Boi, Os Bois, O Corno de Boi, Boi Grande, Boi Pequeno, Boidecanto, Boicornello) *morto (pedra preindoeuropeo). Boimorto sería unha tautoloxía ou repetición de pedra.
Buño /Budiño-> *buda latín (espadana, xunco).
Bustelo-> latín *bustellu diminutivo da palabra latina bustu (busto fuenerario, tumba ou lugar onde se queimaban os cadáveres). Para algúns autores como o P. Sarmiento sería unha derivación do vocábulo latino * bos (boi). Outros autores vinculan a palabra busto coa voz gala *bou (vaca).
Caión-> Preindoeuropeo *cal (rocha) *calion celta (pedra).
Cangas /Cambados / Combarro-> Raíz céltica *camb- (cousa curva). Outros topónimos parecidos e relacionados con métodos de pesca ancestrais son Camboa, Comboa, Gamboa.
A Caniza-> latín *cannitia derivado de canna (cana, armazón de canas e varas que ten diferentes usos agrícolas ou tamén cuberta sostida por uns paus que fai o servizo de alpendre ou hórrero).
Capela-> Latín tardío *capella (oratorio, capela).
Caramiñal/Camariñas-> Latín *calamus.
Carballiño/Carballo-> Do indoeuropeo *car-b (planta dura, pedra).
Carnota/A Corna-> Precéltico *carn ou *corn (pedra).
Carregal/Carracedo/Carrizal-> Fitónimo proveniente de *carricale, derivado de carex (carrizo ou cana silvestre dos pantanos). O mesmo pasaría con Carragosa, Carragoso, Carragal, Carracido, Carraceda, ...