polbo: s. m. lat polypu Molusco octópodo da familia dos octopódidos, que son animais bentónicos, lixeiros cando reptan sobre os seus brazos cazadores e ambulatorios.
1.- polbo cabezudo ANIMAL: Polbo de cor grisáceo, cunha soa ringleira de ventosas nos tentáculos e a cabeza máis grande que o común.
2.-polbo común ANIMAL: Polbo con dúas ringleiras de ventosas nos tentáculos. Habita en recunchos rochosos e aliméntase de crustáceos e peixes que atrapa cos seus tentáculos e mata co seu pico córneo. O terceiro tentáculo está modificado como órgano copulador.
1. Prancha de ferro das follas das portas, fiestras, ventás, etc., que ten no extremo un gancho que xira encaixado dentro doutra peza, de xeito que permite abrir ou pechar a porta ou fiestra.
SIN. bisagra.
2. Peza de metal que está pendurada da porta e que se bate contra ela para chamar. No portal do pazo hai unha aldraba de bronce.
investir: Empregar capitais en negocios para quitar un proveito.
inverter: Dar volta a unha cousa. É incorrecto usalo co significado de ‘empregar cartos’.
isto, iso, aquilo: Demostrativos.
elo: Forma neutra do pronome de terceira persoa que no galego moderno só se conserva nalgunhas frases feitas. Nunca pode aparecer coa función de suxeito.
mozos, mocidade, novos: Persoas que aínda non chegaron á idade adulta.
xoves: Quinto día da semana.
tratar: Tomar como obxecto de estudo, discusión ou análise.
abordar: Rozar ou chocar unha embarcación con outra.
1 s f Acontecemento notable que se recorda en calquera aniversario do mesmo. 2 s f pl HIST 1 Libros ou memorias que se empregaban na Antigüidade para rexistrar día a día os acontecementos da vida dun personaxe. 2 Relación en que se recollían todos os feitos acaecidos un día determinado en diferentes épocas. 3 s f pl ASTRON 1 Almanaque que recolle todos os datos astronómicos. 2 Conxunto de táboas en que se indican as distintas disposicións que ocupan cada día no firmamento certos astros móbiles durante un intervalo de tempo que adoita ser dun ano.
1. Que recolle e reúne documentos, fondos ou doazóns, especialmente con fins benéficos [persoa, colectivo, grupo, etc.]. 2. Que se encarga de recoller o diñeiro dos impostos, taxas, etc. [persoa ou entidade].SIN. cobrador, recadador. s.m.3. Conduto principal da rede de sumidoiros.
s Colector do lixo. Depósito de grandes dimensións que se coloca nas rúas para a recollida do lixo.