miércoles, 30 de diciembre de 2009

NON AO DECRETO CONTRA O GALEGO!


Concentración 30 de decembro

Ante a política galegófoba do actual goberno da Xunta e contra o anunciado decreto contra o galego, a plataforma cidadá Queremos Galego convoca unha concentración na Praza do Obradoiro de Santiago para a cuarta feira (mércores) 30 de decembro ás 17.00.

viernes, 25 de diciembre de 2009

Feliz Ano




imaxe tomada da rede:https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhrvkgaL8qTBWeOR2e_lBU6TcjKDEqMDT__1rFz-yw8GQXoHpDICiUet1mBTZX46VBI_xAgvpMhc_jvN_rVEsNg-E0gUrI90YKZ_HF58QHc0hyphenhyphen-viw9fgGUziqCzcyW1SpVisS85tL9b84/s1600/tarxeta_dixital_cgendl.jpg

martes, 22 de diciembre de 2009

FAMILIAS LÉXICAS IRREGULARES

Étimo latino -> cultismo -> semicultimos -> patrimonial
REGULAM -> regular -> regra -> rella
PLENAM -> plena -> prea(mar) -> chea
INSULAM -> insular -> insua -> illa
MACULA -> mácula -> mágoa -> mancha


Familias léxicas irregulares de uso máis frecuente

PALABRAS PATRIMONIAIS

Artello, artellar, desartellar, desartellamento

Doer, doente, doenza, doído, dorido


Orde, desorde, contraorde


Vixiar , vixía, vixiante


Herdar,
herdeiro, herdo, herdanza


Xerar, xeración, xerador,
xeral, xeralmente

Doar, doador, doazón

Lúa, luada, luar, luarada, aluar, aluaxe


Liña, subliñar, subliña, doaliñar


Ter,
absterse, conter, deter, entreter, manter,
soster, tenza, mantenza .

Persoa, persoal, impersoal, persoalmente, persoeiro

Vontade

-------------------------------------------------------------------------------------------------

CULTISMOS E SEMICULTISMOS


Artigo, articular, articulación, articulado, articulista, articulatorio,

Dolor, doloroso, dolorosamente, indolencia, indolente

Ordenador, ordenar, ordinario, ordinal, ordenado, subordinar,
coordinar, coordenada

Vixilancia, vixilia, vixilante


Hereditario


Dexenerar

Xeneral , xeneralato, xeneralizar, xeneralidade

Donativo


Lunar, lunático


Delinear, delineación, delineante, lineal, interlineal

Continencia, continente, incontinencia, incontinente, tenente,
abstinencia

Personalidade, personaxe, personalizar, personalismo,
personalista, personificación

Voluntariado, voluntariamente, voluntarioso

lunes, 14 de diciembre de 2009

Refraneiro do mes de Decembro

Día de Santa Lucía, enchente de auga ou de sardiña.
Nadal chuvoso, xaneiro ventoso.
Nadal mollado e xaneiro ben xeado.
O día de Santa Lucía mingua a noite e medra o día.
Pola Concepción ningunha galiña pon.
Polo Nadal cada ovella ao seu curral.
Por Santa Lucía ao salto dunha pulga medra o día.
Se Nadal nada, sinal de boa anada.
Se a noite de Nadal hai luar, lembra ben para sementar.
Santo Tomé agarra o cocho polo pé.