martes, 22 de diciembre de 2009

FAMILIAS LÉXICAS IRREGULARES

Étimo latino -> cultismo -> semicultimos -> patrimonial
REGULAM -> regular -> regra -> rella
PLENAM -> plena -> prea(mar) -> chea
INSULAM -> insular -> insua -> illa
MACULA -> mácula -> mágoa -> mancha


Familias léxicas irregulares de uso máis frecuente

PALABRAS PATRIMONIAIS

Artello, artellar, desartellar, desartellamento

Doer, doente, doenza, doído, dorido


Orde, desorde, contraorde


Vixiar , vixía, vixiante


Herdar,
herdeiro, herdo, herdanza


Xerar, xeración, xerador,
xeral, xeralmente

Doar, doador, doazón

Lúa, luada, luar, luarada, aluar, aluaxe


Liña, subliñar, subliña, doaliñar


Ter,
absterse, conter, deter, entreter, manter,
soster, tenza, mantenza .

Persoa, persoal, impersoal, persoalmente, persoeiro

Vontade

-------------------------------------------------------------------------------------------------

CULTISMOS E SEMICULTISMOS


Artigo, articular, articulación, articulado, articulista, articulatorio,

Dolor, doloroso, dolorosamente, indolencia, indolente

Ordenador, ordenar, ordinario, ordinal, ordenado, subordinar,
coordinar, coordenada

Vixilancia, vixilia, vixilante


Hereditario


Dexenerar

Xeneral , xeneralato, xeneralizar, xeneralidade

Donativo


Lunar, lunático


Delinear, delineación, delineante, lineal, interlineal

Continencia, continente, incontinencia, incontinente, tenente,
abstinencia

Personalidade, personaxe, personalizar, personalismo,
personalista, personificación

Voluntariado, voluntariamente, voluntarioso

2 comentarios:

  1. Datos interesantes. Grazas pola dedicación e a claridade.
    O que creo que podías facer era ordenar as familias alfabeticamente pola palabra patriamonial (artello, doar, doer, herdar...).

    ResponderEliminar
  2. gracias por ayudarme a por el examen

    ResponderEliminar