miércoles, 29 de febrero de 2012

Toponimia VI

-> Codesedo /Codesido: Do latín Cutissum (codeso) derivado de Cytisus albo. Lugar onde hai codeos.

-> Colo da Arca/ Coles/ Colos
: Do latín collis (altura).

-> Condomiña
: Do latín cumdominia (terra compartida entre varios donos).

-> Corpiño:
Do latín corpus (corpo). Referencia a enterramentos.

-> Corrubedo:
Base prerromana *cor (pedra, altura rochosa). Corroliño / Correira: Levan a mesma base.

-> Coruña:
Hai moitas teorías, quizais a máis consistente e con maiores posibilidades de acerto sexa a que vincula á Coruña cun antigo *Clunia, probable antropónimo feminino de estirpe céltica. Dende este hipotético *Clunia á forma actual Coruña, habería uns cambios fonéticos lóxicos e razoables.

-> Couto: Do latín Caetum (lugar cercado).

-> Cercado: Do latín Quercus (carballo).

-> Cospeito: Do latín conspectu, participio do verbo conspicio (ver, mirar, contemplar).