-> Colo da Arca/ Coles/ Colos : Do latín collis (altura).
-> Condomiña: Do latín cumdominia (terra compartida entre varios donos).
-> Corpiño: Do latín corpus (corpo). Referencia a enterramentos.
-> Corrubedo: Base prerromana *cor (pedra, altura rochosa). Corroliño / Correira: Levan a mesma base.
-> Coruña: Hai moitas teorías, quizais a máis consistente e con maiores posibilidades de acerto sexa a que vincula á Coruña cun antigo *Clunia, probable antropónimo feminino de estirpe céltica. Dende este hipotético *Clunia á forma actual Coruña, habería uns cambios fonéticos lóxicos e razoables.
-> Couto: Do latín Caetum (lugar cercado).
-> Cercado: Do latín Quercus (carballo).
-> Cospeito: Do latín conspectu, participio do verbo conspicio (ver, mirar, contemplar).
Hola, Dilaida:
ResponderEliminar¿Es tu nombre? Este verano pasado estuve recorriendo Galicia durante 15 días, ya iré poniendo las fotos en mis blogs.
Saludos y nos seguimos.