sábado, 28 de febrero de 2009

A PALABRA DO DÍA

esquerdo, da.

(Do eusk. ezkerra, esquerda).

1. adx. Dito dunha parte do corpo humano: Que está situada no lado do corazón.
2. adx. Que está situado no mesmo lado que o corazón do observador.
3. adx. Que cae cara á parte esquerda dun obxecto. O xardín que hai á beira esquerda da casa
4. adx. Ás cousas que se moven, dise do que hai na súa parte esquerda ou de canto cae cara a ela, considerado no sentido da súa marcha ou avance. O faro esquerdo do autobús. A beira esquerda do río
5. adx. zurdo.
6. adx. Dito dunha cabalería: Que por mala formación saca os pés ou mans cara a fóra e mete os xeonllos cara a dentro.
7. adx. torto
8. f. man esquerda.
9. f. Dirección correspondente á beira esquerda. Torce á esquerda
10. (Pola posición que ocupaban os compoñentes nas asembleas da Revolución francesa). f. Nas asembleas parlamentarias, conxunto dos representantes dos partidos non conservadores nin centristas.
11. f. Conxunto de persoas que profesan ideas reformistas ou, en xeral, non conservadoras.

viernes, 27 de febrero de 2009

A PALABRA DO DÍA

porco.

(Do lat. porcus).

1. m. porco ( mamífero paquidermo).

"marrán" ou "marrau" ( forma ourensá).
"cocho", zona norte da provincia de Lugo.
"quiro", "quino", "quiño": forma que se emprega para chamalos.
"reco", "rengo", "renllo": usada pola zona oriental de Galiza.
"bácoro", "chino", "rancho": outras formas, quizais menos usadas.

jueves, 26 de febrero de 2009

O VERBO

CONSTUÍNTES BÁSICOS:

Raíz (R)

Vogal temática (VT)

Morfema modo-temporal (MMT)

Morfema número-persoal (MNP)

Clasificación:

->Por criterios formais:

1-Regulares

2-Irregulares

3-Defectivos

->Por criterios sintácticos:

1-Copulativos

2-Predicativos:

2.1-Transitivos

2.2-Intransitivos

2.3-Pronominais:

2.3.1-Reflexivos

2.3.2-Recíprocos

-> Por criterios semánticos:

1-Perfectivos

2-Imperfectivos

3-Frecuentativos

4-Iterativos

5-Incoativos

->Por criterios sintáctico-semánticos

1-Persoais

2-Impersoais

Conxugacións: VT Infinitivo

-a-

-ar

-e-

-er

-i-

-ir

Valores de Modos e Tempos:



-> INDICATIVO

Presente

Simultáneo

Intemporal

Habitual

Prospectivo

Histórico

Obrigativo

Copretérito

Contemporaneidade no pasado

Acción habitual no pasado

Intemporalidade no pasado

Prospección no pasado

Narrativo

Modal

Futuro

Simple futuridade

Obrigatoriedade

Probabilidade no presente




Pretérito

Anterioridade no futuro

Acción anterior a outra xa pasada

Feito inminente dándoo por xa pasado

Valor imperativo



Antepretérico

Tempo que indica un momento anterior a un referendo anterior

Valores non reais referidos ao presente

Acción que cumpría realizar no pasado

Con valor irreal



Pospretérito

Probabilidade no pasado

Cortesía

Como resposta irónica

De consello



SUBXUNTIVO

Presente de Subxuntivo. Coincidencia co momento actual ou co futuro

Pretérito (imperfecto) de subxuntivo. Tempo pasado, presente (feito irreal) ou futuro (referente ao pasado)

-> IMPERATIVO

Presente: expresa ordes e mandatos: “Saíde de aí!”

Ademais destas, os verbos posúen outras tres formas que non teñen desinencias de tempo e modo e poden funcionar nunha oración de xeito equivalente a un substantivo, un adxectivo ou un adverbio. Estamos a falar do infinitivo, do participio e do xerundio.

O infinitivo presenta dúas variantes:

- A impersoal carece de morfemas de persoa; emprégase nas perífrases e equivale a un substantivo: “vou comer”, “o xantar está listo”.

*O infinitivo conxugado

Usos:

*Cando tendo o mesmo suxeito que a oración principal, o infinitivo vai precedido de preposición: Para mercarmos o pan imos darnos présa.

*Cando hai moita distancia entre o verbo principal e mais o infinitivo: Prendemos a televisión ás dúas da mañá, cando todo todos están deitados para gravarmos o programa no vídeo.

* Cando a 3º persoa do plural indica a indeterminación do suxeito: É hora de falarmos; A culpa é do xuíz porque non deixou prenderen os ladróns.

*En construcións reflexivas e en verbos pronominais: Avisamos aos veciños para viren ás cinco; Mercámosche un galano para logo queixáreste de que non ches prestaba.

*Cando o infinitivo ten un suxeito expreso distinto do que ten o verbo principal: Víronte ao saíres de alí.

*Cando se quer expresar o suxeito que é distinto ao do verbo principal: Falan para escoitármolos.

*O feito de aparecer sempre en cláusulas subordinadas aproximan este tempo máis ao subxuntivo có indicativo. Como carece de significación temporal e modal de seu, inclúese dentro das formas infinitas do verbo. Polo tanto, as formas invariable e conxugada do infinitivo poden aparecer en idénticos contextos coas mesmas funcións e significado.

O participio caracterízase polas terminacións “–ado” e “-ido” (“andado”, “comido”, “vivido”). Utilízase para as oracións pasivas (“A tenda foi atracada varias veces”) e como adxectivo (“O neno estaba agochado”). En galego algúns verbos presentan dúas formas de participio, unha regular e outra irregular: “comer ® comido, comesto”. A forma regular empregase en función verbal (nas perífrases, na pasiva...). A forma irregular funciona sempre como adxectivo. Ex. O pantalón non da secado. O mandil está seco (atributo).

O xerundio caracterízase polas terminacións “–ndo” (“cantando”, “comendo”, “vivindo”). Pode utilizarse nas perífrases (“Se vós quedades, nós imos indo”) ou como adverbio (“Tiña présa e marchou correndo”). O xerundio posúe un rango aspectual imperfectivo a súa función fundamental é a de modificar adverbialmente ao verbo.

Usos do xerundio correctos

Xerundio modal: Indica o modo en que se realiza a acción principal. Marchou correndo

Xerundio temporal: Indica contemporaneidade entre a acción principal e a do xerundio. Estando no seu despacho, caeu desmaiado

Xerundio durativo ou de continuidade: Indica continuidade nunha acción. Está redactando un moi bo proxecto

Xerundio inmediatamente anterior á acción principal: Indica que a acción ten lugar inmediatamente antes á acción principal. Levantándose de súpeto, escapou a correr

Xerundio condicional: Indica condición. Estando enferma, o mellor é que non veñas traballar

Xerundio causal: Indica causa. Coñecéndoo como o coñezo eu, non creo que minta

Xerundio concesivo: Indica concesión. Ventando como venta, iría recollerte á oficina

Xerundio explicativo: Introduce unha explicación. O departamento, comprobando o éxito que tiña a obra, fixo unha nova edición.

Usos incorrectos

Xerundio de posterioridade: A acción expresada polo xerundio é posterior á acción principal (e o xerundio só pode expresar simultaneidade ou anterioridade)

*Entrou abrindo a ventá de par en par

*Recolleu a folla de inscrición ás 10.00 h, entregándoa no rexistro ás 11.15 h

Xerundio como complemento do nome: É incorrecto o uso do xerundio como complemento dun nome que funciona como complemento indirecto ou complemento circunstancial. Este uso do xerundio provoca ambigüidade

*Entreguei a solicitude no 2.º andar a unha rapaza falando por teléfono

Xerundio con valor de adxectivo especificativo: É incorrecto o uso do xerundio dun verbo que non expresa acción en función de complemento do nome. Este uso é un galicismo

*Decreto nomeando delegado de Educación

*Mandeille un paquete

-> Distinción entre o antepretérito de indicativo (fora) e o pretérito de subxuntivo (fose)

Existe a tendencia, tanto na lingua oral como na escrita, de utilizar as formas do antepretérito de indicativo e do pretérito de subxuntivo indistintamente. Estes tempos teñen os seus usos ben delimitados e debemos utilizalos con propiedade.
O antepretérito de indicativo reservámolo para expresar accións reais que aconteceron no pasado. O pretérito de subxuntivo expresa accións que poderían realizarse pero que non se levaron a cabo.
Xa collera o autobús e xa estaba na praia / Se collese o autobús xa estaría na praia
Almorzara antes cós meus amigos porque levaba présa / Dixéronlle que almorzase con eles aínda que levase présa
.

Forma recomendada: Non se mollaría se levase paraugas.
Forma non recomendada: *Non se mollaría se levara paraugas.
Forma recomendada: Faría todas esas consultas se tivese máis tempo.
Forma non recomendada: *Faría todas esas consultas se tivera máis tempo.

A PALABRA DO DÍA

corrupción.

(Do lat. corrupto-nis).

Acción e efecto de corromper.
Alteración ou vicio nun libro ou escrito.
Vicio ou abuso introducido nas cousas non materiais. Corrupción de costumes, de voces.
Der. Nas organizacións, especialmente nas públicas, práctica consistente na utilización das funcións e medios daquelas en proveito, económico ou doutra índole, dos seus xestores.

lunes, 23 de febrero de 2009

A PALABRA DO DÍA

xuíz.

(Do lat. iudex-cis).

1. Persoa que ten autoridade e potestade para xulgar e sentenciar.

2. Membro dun xurado ou tribunal.

3. Persoa nomeada para resolver unha dúbida.

4. En época bíblica, maxistrado supremo do pobo de Israel.



jueves, 19 de febrero de 2009

A PALABRA DO DÍA

adiviñar

(Do lat. addivinare).

1. tr. Predicir o futuro ou descubrir o oculto, por medio de agoiros ou meigallos.

2. tr. Descubrir por conxecturas algo oculto ou ignorado.

3. tr. Acertar o que quere dicir un enigma.

4. tr. Acertar algo por azar.

5. tr. Albiscar, distinguir.

miércoles, 18 de febrero de 2009

O DEMOSTRATIVO

PERSOA

NÚMERO

MASCULINO

FEMININO

NEUTRO

Singular

este

esta

Isto

Plural

estes

estas

…………….

Singular

ese

esa

Iso

Plural

eses

esas

……………..

Singular

aquel

aquela

aquilo

Plural

aqueles

aquelas

……………….

CONTRACCIÓNS DOS DEMOSTRATIVOS:

* Contraen coas preposicións DE e EN:

Demostrativo

Este,…

Ese,…

Aquel,…

Preposic.




DE

Deste(s)

Disto

Desta(s)

Dese(s)

Diso

Desa(s)

Daquel(s)

Daquilo

Daquela(s)

EN

Neste(s)

Nisto

Nesta(s)

Nese(s)

Niso

Nesa(s)

Naquel(s)

Naquilo

Naquela(s)

* Contraen co indefinido OUTRO:

Persoa

Número

Masculino

Feminino

Singular

Estoutro

estoutra

Plural

Estoutros

estoutras

Singular

Esoutro

esoutra

Plural

Esoutros

esoutras

Singular

Aqueloutro

aqueloutra

Plural

Aqueloutros

aqueloutras


OLLO: estas son as formas habituais, pero tamén se usan as formas plenas, non contractas (estes outros; ese outro; etc). Estas son as únicas posibles para as formas neutras: aquilo outro; iso outro; isto outro.

* Os demostrativos xa contraídos con OUTRO, poden tamén contraer de novo coas preposicións DE e EN: Exs: Destoutro/a; desoutro/a; nesoutro/a; daqueloutro/a; daqueloutras, naqueloutro; etc

** Pero estas contraccións non se poden usar cando a preposición non afecta ao substantivo modificado polo demostrativo:

Ex: De estas razóns seren admitidas (NON: destas razóns…) (De seren admitidas estas razóns)

Que funcións teñen os demostrativos?

Os demostrativos que acompañan a un substantivo fan a función de determinante e, por tanto, concordan co substantivo en xénero e número: Estes lapis

Cando os demostrativos substitúen un substantivo dicimos que fan a función de pronome: Esta é a boa

Nesta función atopamos as formas neutras iso/, isto/, e aquilo/ que sempre son pronomes: Iso non me gusta nada

Tende en conta que as formas neutras son invariables, isto é que non teñen feminino nin plural

RENDEMENTO ESTILÍSTICO DOS DEMOSTRATIVOS:

Os demostrativos sitúan (é dicir, fan referencia deíctica) no tempo e no espazo o substantivo ao que acompañan ou se refiren. ESTE indica o campo do falante; ESE, o campo do oínte; AQUEL, o situado no campo de EL/ELA ou o que está afastado dos dous interlocutores.

Pero os demostrativos poden desempeñar tamén unha función de referencia intratextual, porque poden representar:

1- Un sintagma presente anteriormente no discurso e remitir a el (ANÁFORA)

EX: El vende verzas e grelos, estes un pouco máis caros que aquelas.

Verzas = aquelas Grelos = estes

2- Ou tamén pode anunciar un sintagma que vai aparecer máis adiante no discurso (CATÁFORA): EX: Para gañar o partido esta será a nosa táctica: xogaremos polas bandas. (Esta = xogaremos polas bandas)

VALORES ESPECIAIS DOS DEMOSTRATIVOS:

* Valor afectivo. Ex: “¡Este Paco!

* Valor pexorativo. Ex: ¿E ti vas comer iso?; ¿A iso lle chamas ti coche?

* Valor despectivo: Ex: Ese non sabe o que é bo; Non sei nin como che escoito iso

* Valor de palabra clixé ou comodín (só é de uso vulgar), usando AQUEL e AQUELA como substantivos de significado indeterminado: Exs: Co aquel dunha dor de moas, non veu traballar (Aquel = escusa). Ten un aquel para o baile que dá gusto velo

* Tamén se constrúen formas verbais comodín (AQUELAR E AQUELOUTRAR) cun significado indeterminado que depende do contexto (só de uso vulgar): Ex: Cando lle mandas facer algo aqueloútrase. Deixouno aquelado o accidente.

* OLLO: Hai que evitar o uso na fala e na escrita destas palabras comodín pois só empobrecen a expresión.

* Valor adverbial temporal: NISO; NESTAS; CON ISTO (= nese intre; entón).

Exs: Ían descubrir o asasino e nisto (ou nestas)…estragouse o televisor.

Entoaron o himno e con isto deuse por rematado o acto.

* DAQUELA admite dous valores:

1-Adverbial temporal: EX: Daquela non había coches coma os de hoxe.

(Daquela = naquela época; naquel tempo)

2-Conxunción: (= en consecuencia; polo tanto; así que)

Ex: Non é socio do club, daquela non poden deixalo entrar.

* Úsanse os demostrativos en frases feitas como: por iso, por esas, iso xa, iso si, con esas.