Os pronomes son formas gramaticais que poden desempeñar as mesmas funcións sintácticas cós substantivos. Ademais da flexión de xénero e número, presentan a de persoa. Para o seu estudo clasificaremos as formas do pronome en tónicas e átonas.
FORMAS TÓNICAS
Número | Persoa | Suxeito | Formas oblicuas | |||
Libres | Ligadas | |||||
Non refl. | Refl. | Non refl. | Refl. | |||
Singular | 1ª | eu | min | comigo | ||
2ª | ti | contigo | ||||
| el, ela | si |
| consigo | ||
Plural | 1ª | nós/nosoutros, -as | connosco | |||
2ª | vós/vosoutros, -as | convosco | ||||
3ª | eles, elas | si |
| consigo |
A forma EU emprégase sempre cando é suxeito. Despois de preposición ou de partícula comparativa empregamos a forma MIN para a 1ª persoa, excepto coa preposición CON, que usaremos COMIGO.
As formas nós/nosoutros e vós/vosoutros non son absolutamente sinónimos, hai un matiz que as diferenza. NÓS e VÓS sinalan un grupo amplo, sen delimitar, mentres que NOSOUTROS e VOSOUTROS son plurais excluíntes, que se refiren a grupos moi determinados. Ante calquera dúbida é mellor empregar NÓS e VÓS, que serven para todos os casos.
Para a segunda persoa temos tamén unhas formas de cortesía: VOSTEDE e VOSTEDES, que esixen verbo en terceira persoa de singular ou plural respectivamente.
As formas de 3ª persoa EL, ELA, ELES, ELAS, contraen coas preposicións DE e EN:
| el | ela | eles | elas |
de | del | dela | deles | delas |
en | nel | nela | neles | nelas |
FORMAS ÁTONAS
NÚMERO | PERSOA E XÉNERO | NON REFLEXIVO | REFLEXIVO | ||
OBX. IND. | OBX. DIR. | ||||
SING. | 1ª | me | |||
2ª | che | te |
| ||
3ª | MASC. | lle | o, lo, no | se | |
FEM. |
| a, la, na |
| ||
PLURAL | 1ª | nos | |||
2ª | vos | ||||
3ª | MASC. | lles | os,los,nos | se | |
FEM. |
| as,las,nas |
|
ME é a única forma do pronome persoal átono de primeira persoa do singular. Pode ser polo tanto obxecto directo e indirecto. Sen embargo para a 2ª persoa temos dúas formas: TE para designar o obxecto directo e CHE o indirecto. Exemplos: Vinte onte na praia. (O.D.); Tróuxoche un bo regalo.(O.I.).
As formas de terceira persoa de Obxecto Directo O, LO, NO ( cos seus correspondentes femininos e plurais ) son variantes combinatorias, de xeito que cada unha delas aparece nuns determinados contextos:
1- As formas –NO, -NA, -NOS, -NAS empréganse tralas formas verbais rematadas en ditongo
2- As formas –LO, -LA, -LOS, -LAS úsanse cando o pronome vai enclítico tras unha forma verbal rematada en –r ou –s e tralo adverbio interrogativo U
3- En todos os demais casos as formas a empregar son: -O, -A, -OS, -AS.

CONCORRENCIA DAS FORMAS ÁTONAS |
Cando nunha frase concorren dous pronomes átonos, sempre vai primeiro o de O.I. e despois o de O.D., formando unha soa palabra nos seguintes casos:
| o/lo | a/la | os/los | as/las |
me | mo | ma | mos | mas |
che | cho | cha | chos | chas |
Lle | llo | lla | llos | llas |
nos | nolo | nola | nolos | nolas |
vos | volo | vola | volos | volas |
lles | llelo | llela | llelos | llelas |
->Valores de SE (me,te,se,nos,vos,se).
- Reflexivo: é complemento directo. A acción que realiza o suxeito recae sobre el mesmo. O can lámbese. Pode ser nalgún caso complemento indirecto: preguntouse a razón diso.
- Recíproco: con suxeito múltiple. A acción que realiza cada un recae sobre os demais. Antón e Helena quérense. Írea e Sara mándanse SMS.
- Compoñente verbal: en verbos que esixen o pronome, forma parte do verbo. Raquel queixouse da cabeza.
- Na pasiva reflexa, impersoal. Aínda non se recolleu o millo.
->Colocación do pronome átono na frase:
a.- En oracións subordinadas: antes do verbo
b.- Non subordinadas afirmativas: despois do verbo.
Vai antes do verbo:
1. Oracións desiderativas e enfáticas. Para salientar a palabra que precede ao verbo.
2. Oracións introducidas por partícula interrogativa/exclamativa.
3. Se ao verbo precede un negativo
4.Se ao verbo precede: alguén, todos, calquera....
5. Se ao verbo precede: case, ata, disque, eis, mesmo, seica, velaí, aínda, axiña, sempre, só, tamén, ben, cedo, tarde, mal, moito, talvez, quizais, incluso,unicamente, seguramente, xa, deseguida, rapidamente, pouco, bastante, demasiado, menos, máis, velaquí, velaí...
Por regra xeral, con todo, pouco, demasiado, tanto...que, alguén, algo, ninguén, nada, calquera, propio, ambos, etc. o pronome anteponse ao verbo......
* Cos infinitivos: se o infinitivo é suxeito, predicado nominal ou aposto, o pronome vai despois. No resto dos casos pode ir antes ou despois, mesmo se pode intercalar entre o infinitivo e unha preposición/conxunción que o rexe.
* Cos xerundios: se é núcleo verbal, o pronome vai despois; no resto dos casos antes ou despois.

*Colocación nas perífrases.
*Polo xeral o pronome irá posposto ao verbo auxiliar.
*Antepoñerémolo nos casos que vimos antes.
*Cando hai unha perífrase de participio a única maneira na colocación do pronome átono é a posposición
*Cando temos unha perífrase de infinitivo ou de xerundio o pronome pode ir co verbo auxiliar ou co auxiliado indistintamente.
*Cando a perífrase ten un nexo entre os dous verbos, o pronome tamén se pode antepor ao verbo auxiliado: Ex: Tíñao que facer; tiña que o facer; tiña que facelo
*Orde de colocación dos pronomes: Primeiro vai se, logo o pron. de solidariedade, logo o complemento indirecto e finalmente o complemento directo.

O pronome de solidariedade
O pronome de solidariedade é un trazo expresivo de frecuente uso na lingua galega. Emprégase coa intención de que o implicar o interlocutor naquilo que o predicado expresa, pretendendo a súa solidariedade, a complicidade ou, cando menos, unha aproximación afectiva que o inste a implicarse.
As formas do dativo de solidariedade son:
• "che" (P2, singular).
• "vos" (P5, plural).
• "lle" (P2, singular de cortesía)
• "lles" (P5, plural de cortesía).
O pronome de solidariedade singular colócase antes do persoal de obxecto indirecto, mentres que os pronomes de solidariedade de segunda persoa do plural colócanse despois do obxecto indirecto.
O dativo de interese
É un pronome que indica a persoa que intervén na acción porque dela recibe proveito ou dano. As súas formas son "me" (P1) e "nos" (P4)

No hay comentarios:
Publicar un comentario