lunes, 9 de febrero de 2009

A PALABRA DO DÍA

Opio
Os gregos chamaron opion, diminutivo de opós (mollo vexetal), ao mollo das adurmideiras, cuxo poder hipnótico e euforizante xa coñecían hai seis mil anos os sumerios, que chamaban á adurmideira 'planta da alegría'. Este nome aparece documentado en latín por Plinio como opium, co mesmo significado, no século I de nosa era.

Homero describe na Odisea os efectos desta planta moi coñecida na Grecia clásica, aínda que o seu uso, curiosamente, non se estendeu ao resto de Europa a partir dos gregos, senón dos árabes. Estes recollían o opio en Exipto, onde era usado amplamente en medicamentos, e levábano para vendelo tanto en Oriente como en Occidente: foron así os primeiros narcotraficantes nun tempo en que esa profesión estaba menos desprestixiada, aínda que en compensación, rendía ganancias moito menores que as hoxe.

O opio ten un sinónimo que é pouco coñecido é o anfión
Ata o século XIX, a venda desta droga era libre, pois estaba rodeada por unha aura de substancia benéfica que aliviaba dores e sufrimentos.

Os adversarios do filósofo comunista alemán Karl Marx (1818-1883) recordan con frecuencia que era un 'inimigo da relixión' con base nunha suposta frase súa na que afirmaba que a relixión era 'o opio do pobo'. En realidade, o fundador do comunismo quixo dicir que a relixión servía como alivio ao sufrimento dos pobres, como vemos na cita completa:

«A relixión é o suspiro do oprimido, o corazón dun mundo insensible, a alma de situacións desalmadas. É o opio do pobo». (Karl Marx. Collected papers [1844]).

Esta droga chámase oppio en italiano; opium, en francés e inglés; e opium en alemán.

Estas palabras que utilizo como "a palabra do día", moitas delas están sacadas de "La fascinante historía de las palabras" por Ricardo Soca. Eu só me limito a traducir o contido ao galego



No hay comentarios:

Publicar un comentario