1- O ARTIGO DETERMINADO:
| Masculino | Feminino |
Singular | o (lo) | a (la) |
Plural | os (los) | as (las) |
Como se ve no cadro anterior, existe tamén unha variante alomórfica (alomorfos: lo, la, los, las), que soamente é de uso obrigatorio:
* Despois da preposición POR (por + o, a, os as = polo, pola, polos, polas):
* Despois do interrogativo U (u + o, a, os, as = u-lo libro?, u-la casa?, u-los cans, u-las cadelas)..
Estes alomorfos tamén se poden representar na escrita nos seguintes casos (non son de uso obrigado):
*Despois de infinitivo, das formar verbais conxugadas que rematen en –R ou en –S e tamén dos pronomes enclíticos NOS, VOS e LLES:
*Despois dos pronomes tónicos NÓS e VÓS cando van seguidos dunha precisión numérica:
*Despois de AMBOS/AMBAS, ENTRAMBOS/ENTRAMBAS e TODOS/TODAS:
*Despois da preposición TRAS: EX: Está tralos montes de Marín.
*Despois da conxunción copulativa (E) MAIS:
** Tamén existe un arcaísmo de uso protocolario (e xa pouco frecuente): EL, que quedou inmobilizado en secuencias como: EXs: El rei, El señor, etc.
CONTRACCIÓNS DO ARTIGO DETERMINADO:
A | ao/ó | á | aos/ós | ás |
CON | co | coa | cos | coas |
DE | do | da | dos | das |
EN | no | na | nos | nas |
POR | polo | pola | polos | polas |
OLLO: Na contracción da preposición A co artigo masculino O(S) é mellor usar a contracción AO (AOS) na escrita, pero a pronuncia correcta é Ó.
ATENCIÓN: * Estas contraccións realízanse tamén cando o artigo dos topónimos vai precedido dunha destas preposicións: EXS: Veño da Coruña. Entou no Grove. Voa ao Carballiño.
* Pero non se realizan cando a preposición non rexe o substantivo determinado polo artigo que a segue: EX: Antes de os galos cantaren = Antes de cantaren os galos.
-> USO OBRIGATORIO DO ARTIGO:
1-Debe preceder sempre ao posesivo: (Agás en relacións de parentes ou en vocativos. EXS: ¡Meu Deus! Miña nai non veu).
2-Emprégase con algúns topónimos: A Coruña. A Pobra do Caramiñal, etc.
3- En certas locucións adverbiais: ás escuras; ás agachadas; ás veces, etc.
4-Despois da preposición POR (sen guión): EXS: Vai polo río
2- O ARTIGO INDETERMINADO:
| Masculino | Feminino |
Singular | Un | Unha |
Plural | Uns | Unhas |
CONTRACCIÓNS DO ARTIGO INDETERMINADO:
Artigo Prepos. | UN | UNHA | UNS | UNHAS |
CON | cun | cunha | cuns | cunhas |
DE | dun | dunha | duns | dunhas |
EN | nun | nunha | nus | nunhas |
OLLO: se a preposición non forma parte da mesma frase ca o artigo, non se pode facer a contracción: EXS: De un médico estar alí, salvaríalle a vida ao ferido (= De estar alí un médico, salvaríalle a vida ao ferido.
*A preposición con só contrae co artigo indeterminado, non contrae con un ou unha indefinidos ou con un ou unha numerais
Olá :)
ResponderEliminarEu tiña que pasar máis por aquí que o meu galego é unha dúbida en si mesmo :(
Deixeite unha cousiña no meu blogue, espero que gostes dela.
Un biquiño
Grazas por deixar comentario. Estamos para axudar no que se poida. Polo "deixeite" penso que podo situarte pola costa, bueno dentro do "bloque occidental"; no central temos outros problemas.
ResponderEliminarA entrada de hoxe está dedicada a ti por ser a primeira que deixou comentario