miércoles, 18 de febrero de 2009

O POSESIVO

PERSOA

SINGULAR

PLURAL

MASC.

FEM.

MASC.

FEM.

SING.

meu

miña

meus

miñas

teu

túa

teus

túas

seu

súa

seus

súas

PL.

noso

nosa

nosos

nosas

voso

vosa

vosos

vosas

seu

súa

seus

súas

Existe un posesivo de respecto mi que acompaña a madre, padre, tío, señor, amo...

1.- Que funcións teñen os posesivos?

Os posesivos fan de determinantes cando acompañan ao substantivo:

  • O meu coche

Cando substitúen o nome fan de pronomes (teñen función nuclear):

  • Iso é meu

2. Cómpre saber ademais que ...

  • O posesivo cando vai diante dun nome ten que ir obrigatoriamente con artigo: o meu can; a túa casa.
  • Hai algúns casos que non é obrigada a presenza do artigo co posesivo:
    • Cos nomes de parentesco: miña nai; nosos irmáns
    • En exclamacións: ¡Meu Deus!; ¡Meu amigo, así son as cousas!
    • Con nomes referidos a seres únicos ou a dignidades: Nosa Señora do Carme; Súa Excelencia
    • Nalgunhas frases feitas: meu dito, meu feito
  • Os xiros: de meu, de teu, de seu, de noso, de voso, de seu úsanse para expresar a pertenza exclusiva; así, a frase “Antón vive na súa casa” non quere dicir que a casa pertence a Antón; mentres que se dicimos “Antón vive en casa de seu”, estamos a dicir que a casa lle pertence a Antón. Outras veces, esas formas indican que unha calidade se ten por propia natureza: O Carlos é bo de seu = Carlos é bo por natureza
  • As formas cadanseu/s, cadansúa/s empréganse para lle adxudicar un obxecto a cada persoa, dentro dun grupo; ou cando se lles quere distribuír un número igual ou semellante de obxectos a varias persoas. Vai sempre ao lado do obxecto que se distribúe e nunca da persoa: regaleilles cadanseu balón ós meus sobriños; repartín entre eles cadanseus caramelos
  • As formas da primeira persoa poden indicar familiaridade ou afectividade: o noso Xoán está a vivir en Santiago; o meu Paco ten moi boa man para a cociña
  • O posesivo feminino detrás de determinadas locucións adverbiais: pasou diante nosa (de nós), caeu enriba súa (dela)
  • Outros significados do posesivo:
    • os meus, os teus, os seus, os nosos, os vosos poden ter o significado de "a miña, a túa ... familia": os meus veñen de vacacións en Xullo
    • as miñas, as túas, as súas, as nosas, as vosas poden significar "as cousas, feitos ou trasnadas que adoita facer unha persoa": o meu fillo xa fixo unha da súas, díxolle unha das súas e deixouno calado
    • o meu, o teu, o seu, o noso, o voso poden significar "o que me (che, lle, ...) gusta" ou "o propio, o natural de min, de ti, ...": a pintura non é o meu
    • É frecuente achar o posesivo meu como vocábulo vocativo adecuado para chamar a atención dun compañeiro: Meu, botámoslles unha man á brisca

No hay comentarios:

Publicar un comentario