miércoles, 4 de febrero de 2009

O ADXECTIVO

Clase de palabra que funciona ordinariamente como adxacente do nome, isto é, como complemento nominal adxunto que se sitúa diante ou despois do substantivo a que se refire.

Por significado, sinala unha calidade atribuída a un substantivo, ben abstracta, ben concreta.

En canto á súa morfoloxía, o adxectivo non posúe accidente de xénero ou número, senón que o adquire do substantivo ó que determina. Admite, ademais, afixos e morfemas de grao superlativo (os sufixos -ísimo, -érrimo). É determinado así mesmo por adverbios cuantificadores que lle confiren os outros graos, o comparativo de igualdade (tan), de superioridade (máis) e de inferioridade (menos), así como o grao superlativo analítico (moi, ben bo).

Canto á sintaxe, o adxectivo desempeña habitualmente tres funcións diferentes: adxacente dun substantivo (bo libro grande), atributo dun substantivo a través dun verbo copulativo (Pedro é, está ou parece san) e complemento predicativo (o coche corre rápido)

Distínguese entre adxectivos atributivos, unidos asindeticamente ao nome: noite escura ou escura noite, e adxectivos predicativos, ligados ao nome mediante un verbo copulativo: a noite era escura.

1.- A COMPARACIÓN E O SUPERLATIVO


En galego a expresión comparativa confórmana dous termos:


· o primeiro termo, formado por un adverbio que indica se o grao da comparación é de igualdade, superioridade ou inferioridade (tan, máis, menos)


· o segundo termo, formado polas partículas que/ca/do que ou coma/como mailo elemento co que se realiza a comparación.

Nas comparativas de superioridade ou inferioridade as partículas que relacionan os elementos comparados son ca, que ou do que: é máis alto ca/que un piñeiro, diso sabe menos ca ti. Nas de igualdade é como ou coma: estaba tan namorada coma min, é tan falador como/coma o seu irmán.

Emprego de ca e que

· Só hai un caso en que o uso de ca é obrigatorio: cando o segundo elemento da comparación é un pronome persoal (min, ti, el/ela, nós, vós, eles/elas): é máis lista ca min; é tan boa coma el. Pode empregarse ca diante de calquera elemento que non sexa un verbo.


· Se o segundo termo da comparación é un nome ou unha frase calquera, podemos utilizar indistintamente ca/que: Gústame máis a laranxa que/có (ca + o) pexego; ten tantos xoguetes coma/como o seu veciño.

A partícula ca pode contraer ou non co artigo:


o

a

os

as

ca

có, ca o

cá, ca a

cós, ca os

cás, ca as

Daquela, débese escribir: É máis estudoso o neno / nena, Pedro é máis agarimoso seu irmán.

Cando ca vai seguido da preposición a non se fai contracción: téñolle máis respecto a el ca a ela.

Cando o segundo termo da comparación é un verbo, hai que usar do que: coma máis do que bebe.

Emprego de coma e como


-> Coma só é nexo comparativo.

Aparece nas construcións comparativas que non levan no segundo termo da comparación predicado expreso (Fai coma o raposo). É obrigatorio ante pronome persoal tónico oblicuo (aquel pronome que vai rexido por unha preposición e non é suxeito).

Tamén é conveniente o uso de 'coma' cando o segundo termo da comparación, aínda levando predicado expreso, está constituído por:

· Unha subordinada condicional (fixo coma se tivese a cabeza debaixo do brazo)

· Unha subordinada temporal (coma cando tece)

· Unha subordinada relativa (Ti non es bazuncho, pero fai coma que tes moito bandullo).


-> Como pode ser:

· Comparativo: Úsase se no segundo termo da comparación hai un predicado expreso (Non me sabe o xamón como me sabía daquela).

· Modal: Úsase sempre (Vén como cardeal)

· Causal: Úsase sempre (Como fixeches barullo, dareiche un vergallazo).

· Condicional: Úsase sempre. (Como perda o partido o Deportivo, baixará a segunda).

-> Grao Superlativo

O grao superlativo pode ser absoluto (sen referencia a un grupo que reduza o campo de aplicación do superlativo) ou relativo (con referencia a un grupo que reduce o campo de aplicación do superlativo).

Superlativo absoluto

Hai dúas alternativas:

· Superlativo absoluto analítico: Créase cos sufixos "-ísimo". Nos adxectivos rematados en –ble ou en –bel este superlativo ten sempre a terminación “–bilísimo”. En rexistros cultos aparecen os superlativos co sufixo “–érrimo

· Exemplo: de célebre -à celebérrimo, de libre -à libérrimo, de mísero -à misérrimo, de pobre -à paupérrimo

de pulcro -à pulquérrimo, de úbere -à ubérrimo


· Superlativo absoluto sintético: O máis habitual é a construción moi + adxectivo, pero hai outras posibilidades, entre as que se encontran:

o Moi + adxectivo: Ela é moi intelixente

o Extraordinariamente + adxectivo: Ela é extraordinariamente intelixente

o Extremadamente + adxectivo: Ela é extremadamente intelixente

o Ben+ adxectivo: Ela é ben intelixente

o Adxectivo + abondo: Ela é intelixente abondo

o Bastante + adxectivo: Ela é bastante intelixente

o Adxectivo + adxectivo: Ela é grande grande

Algúns adxectivos posúen unha forma sintética:

GRAO POSITIVO

COMPARATIVOS ANALÍTICOS

COMPARATIVOS SINTÉTICOS

SUPERLATIVO

grande

máis, menos ou tan grande

maior ou meirande1)

máximo

pequeno

máis, menos ou tan pequeno

menor

mínimo

bo

máis, menos ou tan bo

mellor

óptimo

malo

máis, menos ou tan bo

peor

pésimo

Superlativo relativo

Desenvólvese mediante a construcións:

· Máis + adxectivo + de + (grupo que reduce o campo de aplicación do superlativo):

o Ela é a máis intelixente de todas

· Menos + adxectivo + de + (grupo que reduce o campo de aplicación do superlativo):

o Ela é a menos intelixente de todas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario