lunes, 28 de septiembre de 2009

Erros léxicos - V

Xoven -> Non hai un plural en galego para este substantivo, xa que "xoven" é un cultismo de recente aparición na nosa lingua, moi difundido grazas aos medios de comunicación e a escola, pero a súa utilización non é correcta. No seu lugar debemos usar "novo/a, mozo/a ou rapaz/a".

Vou a comer -> Hai en numerosos contextos nos que esta expresión estaría mal empregada, é cando se pretende usar a perífrase verbal, na que o verbo auxiliar "ir" non ten carga semántica. Non obstante, cando o que se pretende é expresar finalidade e por tanto non é perífrase, en que o verbo "ir" si que ten carga semántica, é totalmente correcto usar "vou a comer" = ('diríxome a un lugar para comer').

Visto bo -> Trátase dun castelanismo. Esta expresión que aparece en numerosos documentos administrativos debe traducirse ao galego como "visto e prace".

Ubicar -> Esta forma verbal non é correcta en galego, debemos substituíla por "colocar" ou "situar".

Triple -> En galego débense utilizar as formas "tripla ou triplo". Pasa o mesmo no caso de "cuádruple", onde temos que utilizar "cuádrupla ou cuádruplo".


Testear/testar/probar-> En galego "testar" ten dous significados: 1. Facer testamento. 2. Ter unha terra lindes comúns con algo. Por outra parte, cando se fala especificamente de 'realizar un test', parece que o verbo debería ser TESTEAR (ou en perífrase do tipo 'facer tests'), tanto polos problemas que antes diciamos de "testar" como porque no VOLG aparecen BOICOTEAR (a partir de "boicot") e FLIRTEAR (a partir de "flirt"). En definitiva, cremos que se non se trata de facer un test (entendido como un tipo de proba específica na que se van marcando de forma positiva ou negativa unha serie de ítems), mellor "probar" "poñer a proba", "facer probas"...

Terreos/leiras/hortas/predios ->
"Terreo" empregarémolo como extensión de terra que se emprega para determinados fins (cultivar, construír, etc.). "Leira" é a terra de labradío, a porción de terreo cultivado. As "hortas" son terreos de pouca extensión, xeralmente moi próximas á casa, dedicado ao cultivo de legumes, hortalizas e árbores froiteiras. Por último, empregaremos "predio" para referirnos a calquera propiedade, tanto rural como urbana.

Tal vez -> Non, hai unha serie de adverbios e locucións adverbiais que se aglutinan. Son os casos de
"talvez, apenas, amodo, devagar, acotío, decontado, decontino, decotío, deseguida, deseguido e enseguida".

Subasta ->
Non é correcta. En galego utilízase "poxa"

Solo/chan -> "Chan" e "solo" só son sinónimas na súa acepción de "porción da superficie da terra onde se anda, se cultiva, se constrúe, etc". Porén, o volume de codia feita de materia orgánica e bacteriana que posiblilita a vida das plantas é unicamente "solo".

Esta entrada saqueina desta dirección: http://www.usc.es/asesora/termos/

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario