miércoles, 21 de octubre de 2009

Errores léxicos - X

convalidación-> Trátase dun castelanismo. Equivale aos termos galegos: validación, revalidación ou confirmación.

asignatura-> é un castelanismo léxico que se pode eludir facilmente polos termos "materia" ou "disciplina".

aportar-> significa "chegar a porto", e non se pode utilizar co significado de "proporcionar algo novo ou distinto a unha determinada cousa.

apiar/apilar-> Esta palabra, como substantivo, é unha variante de APEAR, que significa "correa ou corda que suxeita o xugo ao pescozo da vaca ou do boi".

aparte-> en galego sería "á parte"

añada-> A colleita dun ano, referido especialmente ao viño, é "anada".

alomenos->Este adverbio débese expresar a través das formas "polo menos, tan sequera".

abono-> significa "acción ou efecto de facer un abono (subscrición)".

abogar->O correcto é "avogar".

3 comentarios:

  1. O de "alomenos" non o sabía. De feito pola miña terra emprégase con profusión.
    Onde che fago o ingreso pola lección?

    ResponderEliminar
  2. Grazas Chousa por visitarme, xa está pago coa visita.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. xa que estás a traballar -e gratis-,
    sería moito preguntarche que
    verbo galego che parece o idóneo para
    proporcionar algo novo ou distinto a unha determinada cousa?

    ResponderEliminar