estudio-> A forma "estudio" é válida se se refire a un lugar ou a un local, e é incorrecta se é o substantivo derivado do verbo estudar ou este verbo conxugado.
esto/eso/aquelo-> No acordo normativo do 2003, elimínanse as formas esto*, eso*, aquelo* como formas do pronome demostrativo neutro e pasan a ser as únicas correctas: isto, iso, e aquilo.
eres-> A forma propia é "es".
elo-> É válida como substantivo "cada unha das pezas que forma unha cadea". Non é válida hoxe coma forma neutra do pronome persoal (tónico). O galego habilitou no seu lugar as chamadas formas neutras do demostrativo: isto, iso e aquilo.
e-mail-> O termo inglés "e-mail" comprende dúas nocións diferentes en galego: correo electrónico e enderezo electrónico. "Correo electrónico" refírese a unha 'aplicación nun ordenador ou nunha rede de usuarios pola vía da cal se poden enviar e recibir mensaxes'. En cambio, o "enderezo electrónico" é o enderezo que usamos de correspondencia electrónica. A abreviatura de "enderezo electrónico" é "c-elec" ou "correo-e". Débese ter en conta que en moitos casos non fai falta utilizala, posto que os enderezos electrónicos recoñécense porque levan o símbolo @.
diferencia-> A 3ª persoa do presente de indicativo do verbo diferenciar é "diferencia", polo que esta forma é totalmente válida cando se refire ao verbo conxugado.
dieta->É forma correcta se a utilizamos co sentido de "réxime alimentario", mais co significado de "honorario que percibe un funcionario por gastos extraordinarios realizados" debemos utilizar a locución "axuda de custo".
despacio->"Despacio" é un castelanismo que haberá que substituír por "amodo", "devagar", "pouco a pouco", "sen présa", "lentamente".
desenrolar->En galego unicamente ten o significado de borrar do rol ou estirar algo que estaba dobrado ou encollido en forma de rolo.
convinte->Non é forma aceptable pois o adxectivo correcto en galego é o cultismo "conveniente". Do mesmo xeito rexeitaremos o substantivo "inconvinte" en favor da forma propia "inconveniente".

Moitas graciñas pola tua estupenda aportación no meu blogue co teu comentario sobre Helios, caseque merecia el soiño unha propia entrada. Asimesmo agradecerche tamen o teu paso e decirche a ilusion que me fixo lerte alí :)
ResponderEliminarBicos e apertas :)