En xaneiro a xarda sabe a carneiro.
En xaneiro arde o verdadeiro.
En xaneiro busca a lebre co cu no bulleiro.
En xaneiro nin galgo leboeiro, nin falcón perdigueiro.
En xaneiro planta o teu alleiro.
En xaneiro polas mañas sementa as patacas temperás.
En xaneiro sabe o polbo a carneiro.
En xaneiro sete capas e un sombreiro.
En xaneiro sete lobos no carreiro.
En xaneiro un pouco ao sol, outro ao fumeiro.
En xaneiro vaite ao outeiro, .
En xaneiro verza vella vale carneiro.
No xaneiro non hai oveiro.
O San Antón verdadeiro é o dezasete de xaneiro
O xaneiro é xeadeiro.
Sol de xaneiro sae tarde e ponse cedo.
Sol de xaneiro sempre tras o outeiro.
Xaneiro fóra, medrou o día máis dunha hora.
Xaneiro mollado, se non é bo para o pan, non é malo para o gando.
Xaneiro quente, demo no ventre.
Xaneiro añeiro e febreiro cabriteiro.
Obreiro de xaneiro pan che comerá e obra non fará.
Da flor de xaneiro ninguén enche o celeiro.
Quen ara por xaneiro ara para o ano enteiro.
O polo de xaneiro, cada pluma vale diñeiro.
Luar o de xaneiro, cariño o primeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario