-> Úsase «b»
-> 1. En interior de palabra, despois de «m»: lombo, cambiar, pomba...
-> 2. En todas as formas dos verbos rematados en -bir (escribir, recibir, rubir, prohibir, subscribir...): escribo, recibías, rubirá, prohibiron...
Excepción: vir, vivir, servir e os seus derivados.
-> 3. En todas as formas dos verbos rematados en -buír (atribuír, distribuír, contribuír...): atribuín, distribúes, contribuirán...
-> 4. En todas as formas dos verbos beber, caber, deber, haber, lamber, saber e sorber:
-> 5. Nas terminacións do copretérito (pretérito imperfecto) de indicativo dos verbos da 1.a conxugación: falaba, cantabas, bailabamos...
-> 6. Nas palabras que comezan por bu-: bubela, bufanda, buscar, budista, burla...
Excepción: vulgo, vulnerar, vulto, vulva, vurullo e os seus derivados.
-> 7. Nos casos en que o son [b] vai seguido doutra consoante: branco, público, súbdito, absterse...
Excepción: acivro, ávrego e ovni.
-> 8. Nas palabras cos prefixos biblio- (‘libro’), bi- ou bis- (‘dous’), bio- (‘vida’), sub- (‘baixo’): bibliografía, bimotor, bioloxía, subatómico...
-> 9. Nas palabras derivadas ou compostas doutras que tamén se escriben con «b»: polbo → polbeira, brazo → antebrazo...
-> 10. Por criterios etimolóxicos: abelá, automóbil, bafo, balde, baleiro, beira, billa, bolboreta, biscaíño, fibela, gabia, gabián, marabilla, móbil, nobelo, polbo, rebentar, ribeira, trobar, trobador, Xabier e os seus derivados.
-> Úsase «v»
-> 1. En interior de palabra, despois de «b», «d» e «n»: obvio, advertir, inverno...
-> 2. En todas as formas dos verbos rematados en -servar (reservar, conservar...) e -versar (conversar, terxiversar...): reservade, conservo, conversaron...
-> 3. En toda a conxugación dos verbos estar, ir, ter, servir, ver, vir e vivir: estiven, vou, tivera, vexas, vivín...
Excepción: o copretérito do verbo estar (estaba, estabas...).
-> 4. En todas as formas dos verbos rematados en -ver (absolver, ferver, mover, ver, volver...): absolveron, fervía, moveu, verás...
Excepción: beber, caber, deber, haber, lamber, saber, sorber e os seus derivados.
-> 5. Nos nomes dos números: nove, vinte, vinte e un...
-> 6. Nos adxectivos rematados en -ave, -avo/a, -eve, -evo/a, -ivo/a: grave, oitavo, leve, nociva...
Excepción: árabe.
7. Nas palabras que comezan por di-: divagar, divino, dividir, diversión...
Excepción: dibásico/a.
-> 8. Nas palabras co prefixo vice- (‘cargo de rango inferior’) ou co sufixo -voro/a (‘comer’): vicepresidenta, insectívoro...
-> 9. Nas palabras derivadas ou compostas doutras que tamén se escriben con «v»: inverno → invernadoiro, vento → papaventos...
-> 10. Por criterios etimolóxicos, en: acivro, avó, avoa, avogado, caravel, chuvasco, covarde, Cristovo, escarvar, escaravello, Estevo, esvelto, garavanzo, gravar, gravata, pavillón, trevo, varanda, varredor, varrer, vasoira, vermello, verniz, verza, voda, voitre, vulto, xavelina e os seus derivados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario