O xerundio caracterízase polas terminacións “–ndo” (“cantando”, “comendo”, “vivindo”).
Pode utilizarse nas perífrases (“Se vós quedades, nós imos indo”) ou como adverbio (“Tiña présa e marchou correndo”).
O xerundio posúe un rango aspectual imperfectivo a súa función fundamental é a de modificar adverbialmente ao verbo.Pode utilizarse nas perífrases (“Se vós quedades, nós imos indo”) ou como adverbio (“Tiña présa e marchou correndo”).
Usos do xerundio correctos
Xerundio modal: Indica o modo en que se realiza a acción principal. Marchou correndo
Xerundio temporal: Indica contemporaneidade entre a acción principal e a do xerundio. Estando no seu despacho, caeu desmaiado
Xerundio durativo ou de continuidade: Indica continuidade nunha acción. Está redactando un moi bo proxecto
Xerundio inmediatamente anterior á acción principal: Indica que a acción ten lugar inmediatamente antes á acción principal. Levantándose de súpeto, escapou a correr
Xerundio condicional: Indica condición. Estando enferma, o mellor é que non veñas traballarXerundio causal: Indica causa. Coñecéndoo como o coñezo eu, non creo que minta
Xerundio concesivo: Indica concesión. Ventando como venta, iría recollerte á oficina
Xerundio explicativo: Introduce unha explicación. O departamento, comprobando o éxito que tiña a obra, fixo unha nova edición.
Xerundio explicativo: Introduce unha explicación. O departamento, comprobando o éxito que tiña a obra, fixo unha nova edición.
Usos incorrectos
Xerundio de posterioridade: A acción expresada polo xerundio é posterior á acción principal (e o xerundio só pode expresar simultaneidade ou anterioridade)
*Entrou abrindo a ventá de par en par
*Recolleu a folla de inscrición ás 10.00 h, entregándoa no rexistro ás 11.15 h
Xerundio como complemento do nome: É incorrecto o uso do xerundio como complemento dun nome que funciona como complemento indirecto ou complemento circunstancial. Este uso do xerundio provoca ambigüidade
*Entreguei a solicitude no 2.º andar a unha rapaza falando por teléfono Xerundio con valor de adxectivo especificativo: É incorrecto o uso do xerundio dun verbo que non expresa acción en función de complemento do nome. Este uso é un galicismo
*Decreto nomeando delegado de Educación
*Decreto nomeando delegado de Educación
No hay comentarios:
Publicar un comentario