-> Froallar: Caer chuvia moi miúda.Onte estivo froallando todo o día.
Sinónimos: babuñar, babuxar, barbañar, barbuñar, barbuzar, barrallar, barrazar, barrufar, barruñar, barruzar, brecar, chuviñar, chuviscar, lapiñar, marmallar, marmañar, orballar, patiñar, poallar, zarzallar.
A boas horas! - Xa é tarde
Á fresquiña - Ao mencer; ao atardecer
A hora na que espertan as galiñas/ cando mexan - Nunca
Á luzada - Pola mañá cedo
Abrir o día - Amencer
Acordar o rei que rabiou - Ser vello
Aínda non lle viu o cu á carriza - Persoa que é moi nova ou inmadura
Caída do sol - Solpor
Cando as ras críen pelo - Dise cando algo é irrealizable
Cando estean os paxaros preñados - Nunca
De vello, gaiteiro- Facer cousas de mozos cando se é vello
Deixar andar o can na roca (que el ha dar conta da mazaroca) - Deixa que xa virán mellores tempos
De lusquefusque - Desde a alba ata a noite
Entre lusco e fusco - Entre noite e día
Levar rillado catro codias - Ser moi vello
Meu dito meu feito - Facer inmediatamente o que se pensa
O tempo dáo Deus de balde - Querendo sempre hai tempo
Pasar as calendas gregas - Nunca
No hay comentarios:
Publicar un comentario