miércoles, 21 de enero de 2009

A PALABRA DO DÍA

Prestixio:

Segundo o dicionario da RAG é:

Boa reputación social que acompaña a unha actividade ou ben á persoa ou entidade que desempeña un labor considerado de calidade.
O prestixio de algunhas persoas parece estar máis de acordo co sentido etimolóxico desta palabra que co significado que lle damos hoxe.
En efecto, prestixio provén do latín praestigium, que se refire a charlatanería, impostura. Praestigiosus, enganador.
A palabra latina estaba formada polo prefixo prae- "diante", e o verbo stringere "apertar con forza", coa idea de apertar os ollos, como se fai cunha venda, para deixar cega a unha persoa. O termo usouse con este sentido ata o século XVIII, cando en francés se lle empezou a dar a "prestige" o significado de "renome, ascendente, influencia", e a afrancesada corte española daquela época trasladou este significado á lingua castelá, a lingua galega e a portuguesa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario