O salto con pértega ou salto con pica é unha proba do atletismo moderno incorporada aos Xogos Olímpicos que consiste en saltar por riba dunha barra transversal situada a unha altura de entre cinco e seis metros, con axuda dunha pértega flexible de entre catro e cinco metros de lonxitude.
Ata os anos sesenta, a pértega era de cana de bambú ou de metal lixeiro, pero actualmente faise con fibra de vidro e carbono.
A marca olímpica de salto con pértega é actualmente de 5 m 95 cm, pero en competicións non olímpicas alcanzáronse ata 6 m 15 cm. A proba foi incluída nas disciplinas olímpicas masculinas desde os primeiros xogos modernos, en 1896, e como feminina, en Sydney 2000.
A palabra provén do latín pertica 'vara longa' A palabra latina tamén deu lugar a percha, ou colgadoiro de roupa e chapeus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario