martes, 14 de abril de 2009

Verbos que non son pronominais en galego

Hai moitos verbos que en castelán funcionan como pronominais, mentres que en galego non.

Estes son algúns dos que non se deben empregar con pronome reflexivo:

abrandar, adormecer,afrouxar, almorzar, apodrecer, apurar, atrasar, baixar, caer, calar, cargar, casar, cicatrizar,coller, comer, curar, deixar, demorar, desfondar,desinchar, dislocar, enfermar, escapar,escordar, esperar, espertar, estreitar, fracturar,inchar, incrementar, marchar,merendar, morrer, parar, quedar, rachar, rebentar, recordar, rir, romper,sentar, sorrir, terminar,tropezar,xogar...

1 comentario: