lunes, 6 de abril de 2009

A PALABRA DO DÍA

laso -a adx.

1. Que está nunha situación de descanso, que está libre de tensións. 2. fig. Que é menos estrito ou rigoroso do que debía ser. 3. Sen ondas nin rizos [cabelo]. Sin. liso.

Os romanos empregaban o adxectivo laxus para cualificar algo que fose grande, extenso, amplo, frouxo ou solto. Laxus provén de liquor, liquoris (co cambio do i por un a, chamado apofonía, moi frecuente no latín) que significaba 'líquido', un estado da materia indubidablemente máis relaxado que o sólido.
De aí formouse o verbo relaxare, co sentido de 'relaxar', 'afrouxar', 'soltar'. Relaxare arcum (desarmar a corda dun arco), relaxare alvus (descargar o ventre), de onde provén laxante; relaxare tristem vultum (afrouxar o aspecto tenso, para darlle unha expresión tranquila ou relaxada).
Ademais de líquido, de liquor deriva licor, entre moitas outras palabras. En economía e finanzas, liquidez é a propiedade dun ben de ser facilmente convertible en diñeiro e, por extensión, aplícase tamén os activos en efectivo, tales como papel moeda, depósitos bancarios e os títulos ben cualificados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario