martes, 28 de abril de 2009

CUANTIFICADORES E IDENTIFICADORES

1.- Cuantificadores.

algún, algunha, algúns, algunha
abondo, abonda, abondos, abondas
alguén
moito, moita, moitos, moitas
algo
ben

ningún, ningunha, ningúns, ningunhas
demasiado, demasiada, demasiados, demasiadas
ninguén
máis
nada
menos
ren ou res
tanto, tanta, tantos, tantas
un, unha, uns, unhas
todo, toda, todos, todas
varios, varias cada; cada cal; cadaquén
pouco, pouca, poucos, poucas
ambos, ambas; entrambos, entrambas
bastante, bastantes

2.- Identificadores.

outro,outra, outros, outras
calquera; quenquera
tal, tales
mesmo, mesma, mesmos, mesmas
propio, propia, propios, propias
o demais, a demais, os demais, as demais
o máis, a máis, os máis, as máis
certo,certa, certos, certas
determinado, determinada, determinados, determinadas


Contraccións

Algún e outro, cos seus femininos e plurais, contraen coas preposicións en e de: nalgún, nalgunha...; dalgún, dalgunha...; noutro, noutra...; doutro, doutra.... Con alguén e algo non se marca contracción na escrita.

Se o cuantificador ou o identificador está iniciado por un(s), unha(s) ou por o(s), a(s) (uns cantos, un pouco, o demais, o máis, ...) as contraccións son as indicadas para os artigos.

O indefinido un(s), unha(s), cando actúa como adxectivo, presenta as mesmas contraccións ca o artigo indeterminado: falounos duns problemas que non demos entendido. Cando se usa como pronominal xeralmente represéntase a contracción coas preposicións de e en, dando lugar ás formas dun(s), dunha(s), nun(s), nunha(s): están sempre a falar mal dun; por contra, non se representa na escrita a contracción coa preposición con: tanto se comprometía con un coma con outro.

1 comentario: