moeda
Peza de metal, xeralmente en forma de disco e acuñada cos distintivos elixidos pola autoridade emisora para acreditar a súa lexitimidade e valor. Tamén, por extensión, billete ou papel de curso legal. O termo provén do nome do lugar onde se acuñaba moeda en Roma: unha casa situada á beira do templo da deusa Xuno Moneta, baixo cuxa protección estaba. O escritor latino Livio Andrónico deulle á deusa este sobrenome, Moneta, despois de que os gansos que vivían ao redor do templo, no monte Capitolio, advertisen cos seus grallos aos romanos dun ataque dos galos. Avisar, en latín, é monere (de onde proveñen admonición e monitor) e por iso, a deusa, á que se atribuíu o aviso dos gansos, foi chamada desde entón Xuno Moneta. Como o seu templo estaba á beira do lugar onde se fundían os denarios (de aí, diñeiro), as moedas tomaron ese nome.
Bibliografía: Ricardo Soca ( Periodista, editor de "La Página del Idioma Español y de La palabra del día").

No hay comentarios:
Publicar un comentario