Perífrases con valor temporal
futuridade | Ir + infinitivo | Vouno comer fabada. |
Haber (de) + infinitivo | Heino buscar aínda que non o encontre. | |
inminencia | Haber (en pretérito) (de) + infinitivo | Houbeches partir unha perna. |
Querer + infinitivo | Parece que quere chover | |
Estar a / para + infinitivo | Os nosos pais están a / para chegar. |
Perífrases con valor modal
obrigación | Haber (de) + infinitivo Haber (impersoal) + que + infinitivo | Has de facer o que che manden. |
Hai que vixiar aos nenos. | ||
Ter + que + infinitivo | Tes que facer os deberes. | |
Ter + de + infinitivo | Tiña de ser así. | |
Deber (de) + infinitivo | Debe traballar máis e mellor. | |
hipótese | Haber (de) + infinitivo | Habemos rematar o mes que vén. |
Deber (de) + infinitivo | Debe ter máis de cen anos. | |
probabilidade | Poder + infinitivo | Esa casa pode caer calquera día. |
Perífrases con valor aspectual
imperfectiva | Andar + a + infinitivo | Andan a traballar día e noite. |
Ser + a + infinitivo | Todos son a dicir que estamos en crise. | |
Andar + xerundio | Andan mercando nas rebaixas. | |
Estar + xerundio | Estou estudando e non podo falar. | |
Levar + xerundio | Levo estudando toda semana. | |
Seguir + xerundio | Segue sendo tan troulán coma sempre. | |
Ir + xerundio | Xa vai comendo un pouco mellor. | |
Vir + xerundio | Veñen sendo da familia | |
perfectiva | Acabar + de + infinitivo | Acabo de saber que estás no paro. |
Deixar(se) + de + infinitivo | Deixa de andar de troula. | |
Dar + participio | Non dou rematado de preparar o exame. | |
Levar + participio | Levo viaxado moito. | |
Ter + participio | El xa ten feito das súas. | |
incoativa | Comezar / empezar + a + infinitivo | Comecei a traballar aos 20 anos |
Botar(se) / poñer(se) + a + infinitivo | Despois do xantar boteime a durmir. | |
Dar + en + infinitivo | Dende que veu o bo tempo dei en facer moitas máis actividades. | |
terminativa | Chegar + a + infinitivo | Chegou a xurar que el non fora. |
Vir + a + infinitivo | Ao final veu a saberse a verdade. | |
Acabar + por + infinitivo | Acabou por chorar. | |
reiterativa | Volver + infinitivo | Volvín caer no mesmo charco |
Ter + participio | Temos estado moitas veces en Ourense |
transitivos,que aparece concordando co seu obxecto directo non é
perífrase verbal: Decatouse de que tiña chantados os ollos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario