No dicionario defínese "petulancia" como unha actitude "dunha persoa frívola e esaxerada presunción" vén do latín "petulantia".
O vocábulo latino provén do verbo petere (ir a algún lugar), pero co senso de facelo en forma agresiva, incluso insolente. Tamén tiña outros sentidos, como o de 'atacar', 'ferir', 'demandar a alguén' ante os tribunais e o de 'elevarse'. Ovidio dicía petere astra (elevarse ata os astros) e Plinio, máis modesto, petere palmi altitudinem (elevarse a un palmo de altura). Cicerón, pola súa parte, ao referirse a unha loita no Coliseo dicía gladiatores petendo vehementem (os gladiadores atacándose con vehemencia).
A partir deste verbo, formouse o adxectivo petulans, que se aplicaba á persoa agresiva, sempre disposta a atacar, e tamén ao suxeito insolente ou mesmamente irreverente e a petulantia, arriba mencionada, ao comportamento dos petulans. En certo momento, formáronse así mesmo os corpos militares de petulantis, que eran batallóns auxiliares das lexións romanas.
Sinónimos: atrevemento, descaro, fachenda, insolencia, ousadía, presunción, vaidade.

No hay comentarios:
Publicar un comentario