malaria
En 1898 o patólogo inglés Ronald Ross descubriu que a malaria era causada ao ser humano polas picaduras do mosquito anófeles, mediante as cales se inocula no organismo un dos tres tipos de protozoario que ocasionan a doenza: o Plasmodio vivax, o malariae e o falciparum. Ata entón, críase que a malaria era transmitida polo aire, como explica o seu nome, que deriva da locución italiana mal aria (mal aire). O outro nome da enfermidade, paludismo, provén do latín palus (lagoa, estanque, pantano), pois críase que era o aire deses lugares o que causaba o mal, e non os mosquitos que proliferan nas augas estancadas. Palus deu orixe tamén ao nome do porto de Palos de la Frontera, situado nas marismas onubenses, de onde Cristóbal Colón partiu en 1492.

No hay comentarios:
Publicar un comentario