abrollo ou cardo estrelado
Trátase dunha planta silvestre cuxo froito ten forma esférica e está armado con fortes púas que adoitan magoar os pés dos campesiños que camiñan descalzos polo campo.
Na Antigüidade, usar calzado era un luxo que só podían darse os ricos ou os que, polo menos, gozaban dalgunha folgura financeira. Isto é verdade aínda hoxe en moitos países, onde as enfermidades que se transmiten por feridas abertas nos pés son comúns nas zonas rurais.
No Imperio Romano, os campesiños que vivían en zonas nas que abundaban os abrollos recibían a advertencia 'aperi oculos' (abre os ollos), quizais non tanto por preocupación pola saúde dos labregos como por temor dos propietarios rurais de verse privados de man de obra barata.
Co tempo, o galego abreviou a advertencia de 'aperi oculos' "abre-ollos" a unha máis simple "abrollo".

No hay comentarios:
Publicar un comentario