martes, 3 de noviembre de 2009

Masculino –án / Feminino –á // Masculino –ano / Feminino –ana:


-> Masculino –án / Feminino –á:

alazán, alazá; aldeán, aldeá; ancián, anciá; artesán, artesá; barregán, barregá; bosquimán, bosquimá; capitán, capitá; chan, chá; cidadán, cidadá; cirurxián, cirurxiá; cortesán, cortesá; cotián, cotiá; cristián, cristiá; curmán, curmá; ermitán, ermitá; escribán, escribá; gardián, gardiá; gran, gra; insán, insá, san, sá; irmán, irmá; livián, liviá; louzán, louzá; malsán, malsá; marrán, marrá; musulmán, musulmá; nugallán, nugallá; pagán, pagá; rufián, rufiá; sancristán, sancristá; sultán, sultá; tecelán, tecelá; temperán, temperá; temporán, temporá; truán, truá; van, va; verán; vilán, vilá.

Este sufixo serve tamén para formar xentilicios:

afgán, afgá; alemán, alemá; castelán, castelá; catalán, catalá; coimbrán, coimbrá. Pero especialmente tamén os referidos a lugares galegos: arzuán, arzuá; bergantiñán, bergantiñá; caldelán, caldelá; vilagarcián, vilagarciá; salnesán salnesá; muxián, muxiá; fisterrán, fisterrá; compostelán, compostelá; etc.

Pero certos xentilicios galegos poden facerse coa súa forma local –ao/-á: Ejemplos: arnoiao, arnoiá; burelao, burelá; courelao, courelá; caldelao, caldelá (do Castro Caldelas); ribeirao, ribeirá (do Ribeiro); mariñao, mariñá (da Mariña).

Tamén se admite a forma feminina local –án en casos como: unha carnotán, unha fisterrán, unha muradán, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario