cachet ( fr.) -> distinción, orixinalidade, cuño, selo; no sentido de “presuposto dun artista”, é mellor adaptalo como caxé ou caché
callejero (cast.)-> rueiro
camping (ingl.) -> campismo, acampada
casting (ingl.)-> proba; elenco, reparto
catch (ingl. )-> loita libre
catering (ingl.) -> servicio de comidas
chat (ingl.) -> conversa, parola
champions leage (ingl. -> liga de campións
chef (fr.) -> xefe de cociña
christmas(ingl.) > felicitacións de Nadal, postais de Nadal, tarxetas de Nadal
cliché (fr.)-> clixé, estereotipo, tópico
cock-tail (ingl.)-> cóctel
Sabes o que me pon a min dos nervios? pois o famosa tuper por a nosa querida fiambreira ou a turmix pola batedora...
ResponderEliminarNon é porque eu saiba falar moi ben, mais a xente da miña xeracion chegamos a este mundo coas fiambreiras e as batedoras, (atrevome tamen coa "entrada" da casa e non o "jol") e agora escoito a moita xente cambiarlle o nome a algo ao que nunca o chamou de tal xeito, sen tan sequera saber da sua existencia uns aniños atras...
Bicos :)
:)
Grazas por vir ao meu blog e tes toda razón do mundo, a min pásame o mesmo, non sei porque temos que utilizar estranxeirismos cando temos a correspondente na nosa lingua, e por riba moitas veces ata non sabemos pronunciala ben.
ResponderEliminarBicos