lunes, 24 de agosto de 2009

Recompilación das palabras do día - II

Folgar

Provén latín tardio "follicare" "soprar, respirar, con base na idea do camiñante que se detén para recobrar o alento ao final dunha costa.
Estar ocioso ou sen realizar ningún traballo. Pasar o tempo divertíndose. Estar sen traballar a terra un ano ou máis tempo. Alegrarse unha persoa por algún acontecemento (folgarse).
Pero se folgar é descansar, cando o repouso é habitual, o que o goza convértese en folgazán/lacazán/calaceiro/lorán/loubán/preguiceiro.
En cambio, se falamos de medidas sindicais de paralización de tarefas, os que as levan a cabo son folguistas.
As persoas que, cando os seus compañeiros se declaran en folga, continua a traballar ou substitúa a unha persoa en folga son os crebafolgas.


Rascar:

lat. rasicāre

1 Fretar unha parte do corpo cando proe coas uñas ou contra algo.
2 Fretar coas uñas a pel ou outra parte do corpo de alguén.
3 Levantar a capa que cobre unha superficie pasando sobre ela algo afiado.
4 verbo pronominal: Fretarse coas uñas a pel.

SIN: cofar, rañar, cofarse, rañarse.



Sofraxe

Do latín suffrigene.
Parte do corpo posterior dos xeonllos


Tirarrollas
:

De tirar + rolla (latín : rotula ‘rodiña’).
Instrumento para extraer os tapóns de cortiza das botellas


Porca
:
Do lat. porca ‘peza con cavidade roscada’.
Peza cilíndrica ou prismática con cavidade roscada que se adapta a un parafuso.


, subst. masc.
Do lat. nōdu.
Conexión, enlace, lazo, ligadura, ligazón, vínculo.
Punto en que concorren dúas ou máis pezas dunha armadura.


Randeeira
: subst. fem.
De randear latín vulgar
Estrutura que consta dun asento suspendido sobre dúas cordas ou cadeas penduradas dunha barra horizontal, que se emprega para moverse cara adiante e cara atrás.
Sin.: Acaneadoiro, arrandeadoiro, balancín, bambán, bimbastro, carrandiola, carriola, dindán, rándea, xinxín, randeadoiro.


Bigornia

subst. fem. Lat. bicornia, do adx. bicornis, -e (bis +cornum , sing. de cornia, ‘de dous brazos’).
Zafra pequena de aceiro ou ferro, provista dunha longa barra que permite fixala e con dúas puntas laterais opostas, que facilita traballos como bater e modelar os metais.


Pneumático

(Do lat. pneumaticus, e este do gr. πνευματικός, relativo ao aire).
1. adx. Que funciona con aire ou outro gas. Martelo pneumático
2. m. Peza de caucho con cámara de aire ou sen ela, que se monta sobre a lamia dunha roda.
3. f. Fís. Estudo dos gases.


Pseudónimo

Usar un nome diferente do propio é, dalgún xeito, mentir. O termo pseudónimo formouse a partir do grego pseudés 'mentireiro', 'falso' e de onoma 'nome', este tamén achado en onomástico, homónimo e anónimo, entre moitos outros vocábulos da nosa lingua.



Laso -a
adx.

1. Que está nunha situación de descanso, que está libre de tensións. 2. fig. Que é menos estrito ou rigoroso do que debía ser. 3. Sen ondas nin rizos [cabelo]. SIN. liso.
Os romanos empregaban o adxectivo laxus para cualificar algo que fose grande, extenso, amplo, frouxo ou solto. Laxus provén de liquor, liquoris (co cambio do i por un a, chamado apofonía, moi frecuente no latín) que significaba 'líquido', un estado da materia indubidablemente máis relaxado que o sólido.
De aí formouse o verbo relaxare, co sentido de 'relaxar', 'afrouxar', 'soltar'. Relaxare arcum (desarmar a corda dun arco), relaxare alvus (descargar o ventre), de onde provén laxante; relaxare tristem vultum (afrouxar o aspecto tenso, para darlle unha expresión tranquila ou relaxada).
Ademais de líquido, de liquor deriva licor, entre moitas outras palabras. En economía e finanzas, liquidez é a propiedade dun ben de ser facilmente convertible en diñeiro e, por extensión, aplícase tamén os activos en efectivo, tales como papel moeda, depósitos bancarios e os títulos ben cualificados.


Recordar

Os antigos crían que os sentimentos residían no corazón. Para Aristóteles, o corazón era o órgano fundamental do organismo humano, e o cerebro, apenas un mero coadxuvante. Nesa época críase que a memoria estaba aloxada no corazón; de aí que os romanos empregaran a palabra recordari, derivada de cor 'corazón', que chegou a nosa lingua como recordar.
No portugués "de cor" loc. adv. saber una cosa de memoria.
Cando dúas persoas se poñen de acordo, digamos que concordan ou que acordan, no que o corazón xa está presente outra vez (do latín vulgar accordare). E se non se poñen de acordo, dicimos que discordan
Acordar significa tamén 'espertar, volver en si despois do sono'.


Petulancia

No dicionario defínese "petulancia" como unha actitude "dunha persoa frívola e esaxerada presunción" vén do latín "petulantia".
O vocábulo latino provén do verbo petere (ir a algún lugar), pero co senso de facelo en forma agresiva, incluso insolente. Tamén tiña outros sentidos, como o de 'atacar', 'ferir', 'demandar a alguén' ante os tribunais e o de 'elevarse'. Ovidio dicía petere astra (elevarse ata os astros) e Plinio, máis modesto, petere palmi altitudinem (elevarse a un palmo de altura). Cicerón, pola súa parte, ao referirse a unha loita no Coliseo dicía gladiatores petendo vehementem (os gladiadores atacándose con vehemencia).

A partir deste verbo, formouse o adxectivo petulans, que se aplicaba á persoa agresiva, sempre disposta a atacar, e tamén ao suxeito insolente ou mesmamente irreverente e a petulantia, arriba mencionada, ao comportamento dos petulans. En certo momento, formáronse así mesmo os corpos militares de petulantis, que eran batallóns auxiliares das lexións romanas.
Sinónimos: atrevemento, descaro, fachenda, insolencia, ousadía, presunción, vaidade.



Atletismo

Na antiga Grecia, os loitadores chamábanse athletés, unha palabra formada a partir do verbo athlein "loitar", "combater", "esforzarse", do cal proviña tamén o nome que os gregos daban á propia competición, athlos, e aos premios que se outorgaban nos combates, athlon, palabra da cal o fabricante dos modernos procesadores Athlon tomou o nome para o seu produto. Athletés pasou ao latín coa forma athleta e, entre os séculos XIV e XV, usouse para formar a palabra atleta. Con todo, atletismo e os seus equivalentes só aparecen a fins do século XIX, co comezo dos I Xogos Olímpicos da era moderna, en 1896. Athlon atópase tamén nas voces gregas penthatlón, conxunto de cinco (penta) competicións atléticas diferentes: 200 e 1500 m lisos, salto longo e lanzamento de disco e de xavelina; en dekathlon, conxunto de dez (deka) competicións: 100 m lisos, salto longo, lanzamento de peso, salto alto, 400 m lisos, 110 m con valos, lanzamento de disco, salto con garrocha (ou pértega), lanzamento de xavelina e 1500 m lisos; e en heptathlón, conxunto de sete (hepta) competicións para mulleres: 100 m con valos, salto alto, lanzamento de peso, 200 e 800 m lisos, salto longo e lanzamento de xavelina. Estas palabras gregas foron adoptadas como pentatlón, decatlón e heptatlón.



Abrollo
ou cardo estrelado
Trátase dunha planta silvestre cuxo froito ten forma esférica e está armado con fortes púas que adoitan magoar os pés dos campesiños que camiñan descalzos polo campo.
Na Antigüidade, usar calzado era un luxo que só podían darse os ricos ou os que, polo menos, gozaban dalgunha folgura financeira. Isto é verdade aínda hoxe en moitos países, onde as enfermidades que se transmiten por feridas abertas nos pés son comúns nas zonas rurais.
No Imperio Romano, os campesiños que vivían en zonas nas que abundaban os abrollos recibían a advertencia 'aperi oculos' (abre os ollos), quizais non tanto por preocupación pola saúde dos labregos como por temor dos propietarios rurais de verse privados de man de obra barata.
Co tempo, o galego abreviou a advertencia de 'aperi oculos' "abre-ollos" a unha máis simple "abrollo".



Malaria

En 1898 o patólogo inglés Ronald Ross descubriu que a malaria era causada ao ser humano polas picaduras do mosquito anófeles, mediante as cales se inocula no organismo un dos tres tipos de protozoario que ocasionan a doenza: o Plasmodio vivax, o malariae e o falciparum. Ata entón, críase que a malaria era transmitida polo aire, como explica o seu nome, que deriva da locución italiana mal aria (mal aire). O outro nome da enfermidade, paludismo, provén do latín palus (lagoa, estanque, pantano), pois críase que era o aire deses lugares o que causaba o mal, e non os mosquitos que proliferan nas augas estancadas. Palus deu orixe tamén ao nome do porto de Palos de la Frontera, situado nas marismas onubenses, de onde Cristóbal Colón partiu en 1492.

1 comentario:

  1. De novo darte as grazas . É un pracer pasar polo teu blog e aprender sempre algo.
    Bicos

    ResponderEliminar