lunes, 31 de agosto de 2009

Facer/Haber/Ir - I


* En galego non se pode dicir: *Fai anos, *Fai tempo, *Fai calor,* Fai frío (son castelanismos).

Para os anos utilízase o verbo Haber: Hai anos, Hai tempo.

Para os fenómenos metereolóxicos o verbo Ir: Vai chover, Vai frío, Vai calor

O verbo Facer
->Dar forma a [algo material] reunindo e coloca Facer unha empanada. Face-la comida. SIN. preparar.
->Facer unha casa, un moble. SIN. construír, fabricar. Facer un poema. SIN. compoñer.
2. Realizar en [unha cousa] todo o necesario para que estea da maneira conveniente para a súa utilización. SIN. preparar.
3. Poñer os medios necesarios ou realizar o que se precisa para que [algo] sexa, exista ou se produza.
4. Buscar a solución de [unha cousa] ou realizar o traballo que require.
5. Provocar ou obrigar a que se execute [o que expresa o verbo]
6. Dar como resultado. Dúas e dúas fan catro. CF. ser.
7. Haber xustamente [certo número de semanas, meses ou anos] do nacemento de [alguén].
8. Supor ou imaxinar que [algo ou alguén] está en [un sitio] ou era [de certa maneira].
9. Realizar as accións propias de [alguén]. ¿Ti es parvo ou falo?
10. Actuar de tal maneira que parece [o que se expresa]. Fixo que non oía. SIN. aparentar, finxir, simular.
11. Imitar a voz, o canto, etc., de [un animal]. Fai moi ben a galiña.
12. Conseguir que [o corpo] soporte ou non lle sexa estraño [algo]. Facer o corpo ó traballo. SIN. acostumar, afacer, habituar. CF. avezar.
13. Ser [unha cousa ou unha persoa] a causa de que [alguén] sexa [aquilo que se expresa].
14. Andar [unha distancia que se expresa]. En total fixeron máis de dous mil quilómetros. SIN. percorrer.
15. Conseguir, gañar, chegar a ter. Facer unha fortuna.
16. Dar aparencia de. Ese vestido faite máis delgada.
17. Causar [algún tipo de prexuízo]. Moitas lle ten feito. Non te vales sen facelas.
18. pop. Deixar [algo] en testamento [a alguén]. Fíxolle a casa á filla. SIN. testar.
19. Haber [bo ou mal tempo meteorolóxico]. Onte fixo bo tempo. SIN. ir.
20. Cumprirse exactamente [un período de tempo].
21. Chegar a ser, evolucionar cara a [algo que se expresa]. Facerse vello.
22. Adquirir [un costume] ou cambiar de hábito. SIN. acostumarse, afacerse, habituarse.
23. Resultar. Este home fáiseme coñecido. / Facer ben, mal (e adverbios semellantes). Producir [unha cousa] un efecto bo, malo, etc. Parece que lle fixo ben o paseo. SIN. sentar. / Facer e acontecer.
/ Facela boa. Realizar unha acción prexudicial ou inconveniente. / Facer das túas, das súas. Actuar alguén segundo os seus propios criterios, sen reparar nos prexuízos que poida causar. Xa anda o cativo facendo das súas. / Facer de conta. Ter por seguro. Fai de conta que non vas cobrar. / Facer o conto. Adular. / Facer de corpo, facer de ventre. Expulsar os excrementos. / Facer e desfacer. Mandar sen ter en conta os demais. El é quen fai e desfai, a nós nin se nos pregunta. / Facer de + substantivo. Desempeñar un papel, oficio, etc., eventualmente. Facer de rei no teatro. O defensa tivo que facer de porteiro. / Facer por. Equivaler en tamaño, valor, cantidade, etc., a. O meu can fai por tres coma o teu (ou dos teus). / Facer por + inf. Esforzarse, procurar o cumprimento [de algo]. Ti fai por velo. / Facerse cargo (de). 1. Encargarse de. 2. fig. Solidarizarse cos problemas ou as preocupacións de alguén. / Facerse con. Conseguir. ¿Onde te fixeches con esa bicicleta? / Facerse(lle) tarde (a alguén). Ser(lle) hora. Voume que se me fai tarde. / Non facer branca. Estar folgando continuamente, sen realizar ningún tipo de traballo. SIN. non dar golpe, non dar pancada. / Non facer cousa con cousa. Obrar sen xeito. / Non facer máis ca. Dedicarse por completo ou só a [algo que se expresa]. / Non haber ou non ter nada que facer. Non haber remedio. / Non saber qué facer. Ter dúbidas ante certa situación. / Ter que facer. Estar ocupado. Ten moito que facer. / Ter máis que facer.Non poder perder o tempo en algo que se expresa ou se sobreentende. ¿Pensas que non teño máis que facer ca aturarte?



1 comentario:

  1. Te invitamos a visitar y comentar la cultura Antofagastina, la capital del norte grande socializa con el mundo. Se presenta su historia, su recorrido y su interminable poesía.
    Comenta y visualiza las entradas que desees, eres bienvenido… puesto que como academia de patrimonio cultural, nos sentimos gratificados con tales respuestas.

    “Pasa y disfruta de la lírica entremezclada.”

    PATRIMONIO CULTURAL “DON BOSCO” ANTOFAGASTA

    ResponderEliminar