viernes, 26 de diciembre de 2008

GRUPOS CONSONÁNTICOS

Mantéñense os grupos formados por dúas consoantes que pertencen a sílabas distintas, sempre que non se trate dunha consoante dobre: obxecto, apto, administrar, atmosfera, magma, nafta, himno.
Mantéñense en xeral os grupos de dúas consoantes explosivas: ctenóforos, gnomo, pneuma, psicópata, atlas, ínclito, perplexo.
En posición implosiva normalmente non se admite grupos de dúas consoantes, salvo cando a segunda é s: obsceno, adscribir… Algúns préstamos estranxeiros manteñen as dúas consoantes a final de silaba: zinc, round, lord, cámping, iceberg, test…

-> Os grupos bl, cl, fl, gl, pl, tl mantéñense inalterados nos cultismos e nos préstamos recentes. As palabras latinas semicultas e algúns préstamos antigos mudaron o l en r: aprazar, Branco, brando, brasón, compracer, cravar, cravo, cravuñar, cumprir, dobrar, emprazar, empreñar, escravo, fraco, fraqueza, frauta, frecha, fretar, frouxo, igrexa, nobre, obrigar, pracer, praga, praia, prata, prato, praza, prazo, preamar pregar, preito, soprar,..

-> Os grupos bc, bd, bm, bn, bs, bt, bv e bx mantéñense sempre sen alteración: abdicar, abdome, abnegar, absolutismo, obcecar, obvio, obter, obxecto, subxugar…

-> O grupo bs+consoante na escrita débese manter: abstemio, absterse, abstracto, obsceno, substantivo, substituto… Pero: subtraer, subtracción, subtraendo

-> Os grupos –ct- e –cc-: Mantéñense cando preceden as vogais a, e, o; suprímese a primeira consoante nos dous grupos cando os preceden as vogais i, u: adución, adutor, aflición, aflito, Benedito, condución, conduta, condutor, conflito, constrición, construción, construtor, contrición, dedución, dedutivo, delito… Agás: adicción, adicto, amicto, anfictión, anfictionia, apodíctico, convicción, convicto, deíctico, dicterio, dicción, dúctil, ductilidade, ducto, edicto, eructar, eructo, evicción, ficción, ficticio, flictena, fricción, friccionar, ictericia, ictérico, ictiografía, ictioloxía, ictiomancia, indicción, invicto, lictor, micción, nictalopía, pictografía, pictográfico, pictograma, pictórico, ricto, succión, succionar, veredicto, vindicta.
Como caso especial destes grupos non se debe esquecer que hai algúns semicultismos con vocalización da consoante implosiva en u ou en i: doutor, doutrina, suxeitar, suxeito, reitor, seita (sectario, sectarismo).

-> Os grupos cn, -cd-, -gm-, -gn-, gn, mn-, -mn-, -nm- … consérvase en todos os casos nos cultismos: acne, arácnidos, anécdota, sinécdoque, agnóstico, apotegma, benigno, diafragma, gnose, gnóstico, alumnado, amnesia, columna, damnificar, himno, inmenso, ximnasio...

-> Os grupos –mm- e –nn- simplificouse en –m- e en –n-. Con todo, convén escribir con –nn-: connubio, enneágono, perenne...

-> O grupo –ns- mantense sen reducir: circunscrición, circunstancial, instrutor...

-> Os grupos –pc-, -pn-, -ps- e –pt-: mantense nos cultismos: abrupto, aceptar, adaptar, apto, eclipse, epiléptico, hipnose, eucalipto, nupcial, tríptico... Perden o primeiro elemento do grupo –pc-, ou –pt- : adscrición, adscrito, cativar, catividade,cativo, cetro, circunscrición, descrición, ditongo, escrito, indescritible, inscrición, manuscrito, setembro, setentrión, subscritor, transcrición, tritongo...

-> Consoante + pc, consoante + pt, pérdese sempre a consoante intermedia –p-: asunto, escultor, exento, redentor, suntuoso...

-> Os grupos pn-, ps-, pt- aparecen en posición inicial en palabras cultas: pneuma, pneumático, pneumonía, pseudónimo, psicanálise, psicoloxía, pterobranquiado, pterodáctilo, pterópodo...

-> O grupo –sc- consérvase o grupo nas palabras cultas: adolescencia, ascensor, consciencia, descender, disciplina, escindir...

-> O grupo sc- simplificouse en c-: ciencia, cirro, cisma...

-> O grupo –st- é frecuente nas palabras patrimoniais. Un caso especial é a alternancia de formas do prefixo post-/pos-: escríbese post- cando vai seguido dunha base que comeza por vogal (postelectoral, postoperatorio); úsase pos- cando vai seguido dunha base que comeza por consoante (posclásico, posguerra...)

* As vogais e, o cando preceden a un grupo culto teñen o timbre aberto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario