martes, 9 de junio de 2009

PREPOSICIÓN

É a clase de palabras invariables que serve para relacionar dous elementos da oración, sinalando a dependencia que hai entre eles. O sintagma que encabezan é a frase preposicional.

Clasificación formal:

1.- Propias.- Sempre funcionan como preposición: a, ante...

2.- Impropias.- Formalmente pertencen a outra categoría gramatical, mais poden funcionar como preposicións: fóra, segundo, onde...

3.- Locucións prepositivas.- conxunto de palabras que funcionan como unha preposición (a última sempre é unha preposición): en vez de...

a, ante/perante, ata/deica, baixo/so, cara, con contra, de, desde/dende/des, en, entre, para, por, sen, sobre, tras

Outras: agás/bardante/menos/salvo, canda, cas, malia, segundo,a carón de, ao pé de, a rente(s) de, a poder de, de par de, co gallo de, a/en prol de, por mor,de, verbo de, alén de, encol de, en troques de, cabo de, en fronte de, no canto de ...

No hay comentarios:

Publicar un comentario