viernes, 19 de junio de 2009

Algúns casos de formas homófonas con b e v - I

Hai palabras con significados distintos que só se diferencian na escrita por levaren un b ou un v.

Case todas son homófonas, isto é, teñen a mesma pronuncia.

Hai excepcións, como o caso de ben e ven, que diverxen na escrita polo uso de b e v e na fala porque o adverbio (ben) ten vogal aberta e o verbo (ven) vogal pechada.

Abalar / avalar

• Abalar, mover, abanar. O vento abalaba as árbores do parque.
• Avalar, dar un aval. O meu pai avaloume para que me concedan o crédito.

Bacante / vacante

• Bacante, sacerdotisa do deus Baco. As bacantes celebraban festas que se chamaban bacanais.
• Vacante, posto por cubrir. Hai unha praza vacante na Galega.

Bacilo / vacilo

• Bacilo, bacteria. Os bacilos son os causantes de moitas enfermidades.
• Vacilo, do verbo vacilar. Sempre vacilo se ir ou non contigo.

Baga / vaga
• Baga, froito. Gústanme moito as bagas silvestres
• Vaga, onda. Levamos uns días cunha vaga de calor

Balor / valor
• Balor, mofo. O pan colleu balor e xa non serve para comer.
• Valor, coraxe, validez, prezo. Ten moito valor e moi valente.

Bascular / vascular
• Bascular, oscilar, descargar. Bascularon toda carga que traía o tractor.
• Vascular, pertencente ou relativo aos vasos, particularmente os sanguíneos. Ten unha enfermidade que lle ataca o sistema vascular.

Basta / vasta
• Basta, dobra inferior na roupa. Nótase moito a basta dese pantalón
• Vasta, extensa, ampla. Herdei dos meus familiares una vasta leira.

Basto / vasto
• Basto, espeso, groseiro, vulgar. Gústame moito o caldo de grelos moi basto. O teu curmán é un rapaz moi basto.
• Vasto, extenso, amplo. Teño un campo na miña aldea que é moi vasto


No hay comentarios:

Publicar un comentario