miércoles, 23 de marzo de 2011

Analfabetos



Como todo o que fixo, fai e fará, sexa coma o galego do anuncio, os vigueses non deberían estar tranquilos.


Queríades (sobra o acento): a 5ª persoa do copretérito de indicativo é queriades.

e o fixéchedes
: Nas oracións afirmativas simples o pronome vai despois do verbo; fixéchedes non existe esa forma en galego, o pretérito do verbo facer é: fixen, fixeches, fixo, fixemos, fixestes, fixeron. Como o suxeito é vós, será fixestes.
Polo tanto, o correcto será:
e fixéstelo.

Non existe ninguén no PSOE de Vigo que posúa uns mínimos coñecementos da lingua galega???
ou que a respete ???

3 comentarios:

  1. Non excusa desde logo que nun cartel publicitario ninguén se moleste a revisar que o galego é correcto... pero teño que dicir que en Pontevedra (e supoño en Vigo igualmente) moitos somos os que decimos 'fixechedes'. Eu de feito nunca diría 'e fixestelo'... ou cando menos ata agora non sabía que esa era a forma correcta.

    ResponderEliminar
  2. Xa dicía eu que me soaba raro o de fixéchedes!

    ResponderEliminar
  3. Estaría disposto a admitir "fixéchedelo", xa que fixéchedes, se non "oficial", si que é unha variante dialectal moi extendida e nas campañas de propaganda tampouco é imperativo ser correcto ó 100% "polo libro".

    Pero si, eu vin ese cartel cando ía en coche e botei ás mans á cabeza. "¡Clama al cielo!".

    ResponderEliminar