lunes, 10 de enero de 2011

Constituíntes xuntos / separados


Constituíntes xuntos


->Adverbios: Acotío, adrede, amais (de), amodo, apenas, arreo, dabondo de contado, decontino, decote, decotío, deseguida, deseguido, devagar, disque, enseguida, entrementres, talvez.

->Numerais:
dezaseis, dezasete, dezaoito, dezanove, douscentos, trescentos, atrocentos…

-> Conque:
conx. consecutiva (= ‘polo tanto, daquela’)

-> Porque:
conx. causal

-> Porqué:
substantivo (= ‘motivo, razón’)

-> Senón:
conx. adversativa; preposición

-> Demais:
pronome


* Constituíntes separados


->Adverbios: a carón, á présa, a tempo, de certo, de repente, de súpeto, en fronte, en seguida

->Numerais: vinte e un,vinte e dous, vinte e tres, vinte e catro, vinte e cinco, vinte e seis, vinte e sete, vinte e oito, vinte e nove, trinta e un, ....

-> con todo: loc. conx. Adversativa (= ‘non obstante’)

-> des que: loc. conx. temporal

-> entre tanto:
loc. conx. temporal

-> polo tanto: loc. conx. consecutiva

-> con que: loc. conx. condicional (= ‘se’); prep. + pron. Relativo ou pron. interrogativo.

-> por que:
prep. + pron. interrogativo

-> se non:
conx. condicional ou completiva + adv. de negación

-> a máis:
artigo ou preposición + adv. de cantidade

-> de máis:
loc. adv. de cantidade (= ‘demasiado’); prep. + adv. de cantidade

3 comentarios:

  1. Vou ter que recopilar nunha carpeta todos estas leccións, graciñas.

    ResponderEliminar
  2. Eu cada día enterome de que sei menos galego. Bicos

    ResponderEliminar
  3. joer, agora teño máis dubidas aínda!
    (había cousas que xa nin me planteaba)
    :D

    toda chea de razón

    ResponderEliminar