lunes, 22 de marzo de 2010

Pesos e medidas- I

Antes da introdución do sistema moderno, os líquidos e os áridos medíanse normalmente por capacidade, con recipientes de tamaño variable segundo as localidades. No caso dos áridos a medida tamén pode servir para a superficie, facendo o calculo de extensión de terra que se precisa para sementar unha determinada medida de gran.

Medidas de capacidade para líquidos
1 moio -> 8 olas
1 ola, arroba, cántara -> 16 litros na maioría de Galiza/18 litros(concello da Peroxa, Ourense) e creo que algún concello de Lugo (se alguén o sabe, prégolle que o deixe no comentario).
1 canado -> 2 olas
1 canada -> 4 litros
1 carta -> 1/4 de canada
1 neto -> 1/2 litro
1 cuarteirón -> 1/4 de litro

Medidas de capacidade para áridos
1 fanega -> 4 ferrados
1 ferrado, tega -> 12 Kg de centeo, 16 Kg de trigo, 18 Kg de fabas, 20 Kg de millo.
1 escá, tego -> 1/2 ferrado
1 carteira -> 1/4 de ferrado
1 cunca -> 1/16 de ferrado

4 comentarios:

  1. Esto es nuevo para mi. Gracias por compartirlo.

    Un placer leerte.

    ResponderEliminar
  2. Por Sober teño oído dicir, sobre todo o meu avó, un cuartillo de viño. Supoño que é o mesmo que un cuarteirón.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  3. que interesante! Por iso miña avoa me dicia "vaia canada botaches" cando era pequeno!

    Por outro lado, se non me engano que son bastante novo para coñecer directamente eses termos... 1 tego = 8 ferrados... o que non sei é se é da miña zona Meira - Lugo ou non porque o escoitei...

    por ese dito popular de cando precisas ir ó escusado e non es quen... "Un ferrado de figos, un tego de merda" con perdón polo vocablo...

    e parabéns polo blog!

    ResponderEliminar
  4. Dilaida, veo que tienes 3 blogs... ¿participas con alguno en lo de Paradela? (Entiendo el gallego escrito).

    ResponderEliminar