miércoles, 3 de febrero de 2010

Test XXXI - XXXV

31 . Indica a frase incorrecta

a) O presidente foi ensalzado
b) Os nenos xogaban na explanada
c) Ese espremedor custoume moi caro
d) Mercoulle un axóuxere ó meu fillo


32 . Indica a frase incorrecta

a) Moito lle gustan as composicións trobadorescas
b) O rapaz ten moito soño.
c) Hai que o deitar Partiu o esterno
d) Coa abaloira rebentou a ola


33 . Indica a frase incorrecta

a) O vario é un elemento químico
b) Tocaron o himno do equipo
c)O caldeiro estaba baleiro
d) Coa vasoira varreu a voaxa


34 . Indica a frase incorrecta

a)O seu acervo cultural é importante
b) Era unha extensión de terreo moi vasta
c)Este pano é moi vasto
d) Deuse aire cun habano


35 . Indica a frase incorrecta

a) O pan que quedou na bolsa colleu moito valor
b) Aquel día sarabiou moito
c) Colleron o trevo preto do pavillón
d) Non lle gustan os garavanzos


2 comentarios:

  1. Xa vexo que ninguén se anima.
    Aí vai a solución:

    31.- a) O presidente foi ensalzado (enxalzado)

    32.- b) O rapaz ten moito soño (sono).

    33.- a) O vario (bario) é un elemento químico.

    34.- d) Deuse aire cun habano (abano)

    35.-a) O pan que quedou na bolsa colleu moito valor (balor)

    ResponderEliminar