lunes, 25 de enero de 2010

Test XVI - XX

16 . Escolle a serie correcta
a) Boaxa, verniz, bermello, vacina
b) Voaxa, verniz, vermello, vacina
c) Voaxa, berniz, vermello, bacina
d) Boaxa, berniz, bermello, vacina

17 . Escolle a serie correcta
a)Harpía, hule, haren, hirmán
b) Arpía, ule, arén, irmán
c)Arpía, hule, harén, irmán
d) Harpía, hule, harén, irmán

18 . Escolle a serie correcta
a)Bater, sarabia, veludo, néboa
b) Water, saravia, veludo, néboa
c)Bater, sarabia, beludo, névoa
d) Vater, saravia, veludo, néboa

19 . Escolle a serie correcta
a) Caravel, laberca, cotovía, acibeche
b) Carabel, laverca, cotovia, aciveche
c) Caravel, laverca, cotovía, acibeche
d) Caravel, laverca, cotobía, aciveche

20 . Escolle a serie correcta
a)Pracer, declarar, flota, dobre
b) Pracer, decrarar, flota, doble
c) Placer, decrarar, frota, dobre
d) Placer, declarar, flota, dobre




6 comentarios:

  1. Hai que recoñecer que non é doado de resolver eh.
    Moitas veces ver escrita a palabra axuda; pero tamén é certo que outras tamén axuda,pero a confundirse máis!!!

    (Teño serios problemas coa nº 18. Axúdasme, profe?)

    ResponderEliminar
  2. xa vin eu correndo dende o blog de chousa, a mirar, curiosa, a ver que era o que había que adiviñar, jajaja
    e quedo perplexa,
    non entendo porque se di "bater"
    porque non lle atopo sentidiño ningún.
    gustaríame saber o por qué, se tí o sabes e tes gana de contarmo.
    (e que como o nome de retrete transformado en WC
    é "water close", claramente...)

    ResponderEliminar
  3. Zeltia na nº18 é o "a" porque non se refire ao WC que en galego é Váter, refírese o verbo bater (batir en castelán). Se te fixas só pode ser o "a" porque no "b" está mal Water e saraiva; no "c" beludo e névoa; no "d" cotobía e aciveche.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. vaites! non é nada doado! hehe :) grazas polo teu comentario no blog!! un biquiño e moi boa semana :)))

    ResponderEliminar
  5. A solución é:
    16.- b) Voaxa, verniz, vermello, vacina

    17.- d) Harpía, hule, harén, irmán

    18.- a)Bater, sarabia, veludo, néboa

    19.- c) Caravel, laverca, cotovía, acibeche

    20.- a)Pracer, declarar, flota, dobre

    ResponderEliminar
  6. grazas, pero había que ser un chisco adiviña para saber que se trataba de bater...
    máis para quen é despistadísima coma min
    (unha vez vin un libro nunha biblioteca que se titulaba "homes tras da corda" e lino en inglés!
    -preguntei: "e que significa tras da corda"?, non foi ata que vin a cara de desconcerto do meu amigo que caín na conta de que estaba en galego!-
    (é verdade que teño como disculpa que naquel entonces ía a clases de inglés e de tanto estudalo vía inglés por todos lados)
    pero levarei ese sambenito de cachondeo sobre min todávida

    ResponderEliminar