| |||||||||||
viernes, 29 de mayo de 2009
A palabra do día
miércoles, 27 de mayo de 2009
ADVERBIO
É un vocábulo invariable que modifica o verbo (chegou tarde), o adxectivo (está ben cocido), un adverbio viña moi lonxe) ou unha oración.
1.- Adverbios situacionais de lugar. onde? ulo,a,os,as?. Indican a situación no espazo. Podemos distinguir varios grupos:
Absolutos – Sitúan no espazo facendo referencia ó lugar ocupado polo falante. Polo seu significado están relacionados cos demostrativos.
Formas
este lugar | ese lugar | aquel lugar |
aquí | aí | alí |
acó |
| aló |
acá |
| alá |
| acolá | acolá |
As formas en –í sinalan un punto preciso. Ex. : Queda aquí; está aí; alí non o vexo.
As formas en –ó fan referencia exclusivamente a movementos, sinalando ben unha aproximación ou un afastamento.
As formas en –a poden referirse tanto a estados coma a movementos, e cunha localización máis imprecisa.
A forma acolá pode aplicarse a calquera punto que quede dentro do espazo designado por aí e alí.
Relativos - Sitúan no espazo con relación a un lugar dado.
Vexamos algúns: Dentro, fóra, preto/cerca, lonxe, arriba/enriba/encima, abaixo/embaixo/debaixo, atrás/detrás, adiante/diante, en fronte, arredor/en derredor/ó redor.
Presentativos – Serven para presentar algo ou alguén: velaquí, velaí, eis.
Indefinidos – Algures ( algunha parte ), ningures ( ningunha parte ), xalundes ( calquera outro sitio, outra parte, por aí adiante ).
Locucións adverbiais de lugar – Estas son as máis frecuentes : ó redor, ó lado, á beira, a rente/s, a carón, ó pé, a desmán, a contramán, por riba, por baixo...
2.- Adverbios situacionais de tempo. Cando?
Sitúan no tempo un feito ou unha acción. Poden ser :
Absolutos – Toman como referencia o momento do discurso:
Agora, antes, despois, hoxe, onte, antonte, trasantonte, mañá, pasadomañá., Antano ( en tempo pasado, noutro tempo anterior ), hogano ( neste tempo).
Arestora, outrora, noutrora.
Relativos – Sitúan unha acción con relación a un referente pasado:
Entón, entonces, daquela., logo, axiña, cedo, tarde, aínda, inda, xa, mentres, namentres, entrementres.
Indefinidos – sempre, decote( accións reiterativas e habituais ), nunca, xacando.
Locucións adverbiais de tempo - As máis frecuentes: hoxe en día, deseguida, en seguida, de contado, de vez, ó pouco, polo de agora, a deshora, a destempo, a reo( seguido, sen interrupción ), ás veces, por veces, de vez en cando, de cando en vez, ó raro, a miúdo, a cotío, de cotío, a diario...
3.- Adverbios nocionais de modo. Como?
Indican a maneira de ser ou de realizarse un proceso. Unha forma moi frecuente de adverbialización é a utilización dun adxectivo sen variar a súa forma: falar claro, correr rápido etc. Tamén a derivación a partir do sufixo –mente: claramente, rapidamente.
Formas mínimas : asemade ( simultaneamente ), así, ben, mellor, mal, peor, como, gratis, adrede, aposta, engorde, paseniño.
Locucións adverbiais –
A modo, a modiño ( ambas formas significan lentamente e con coidado )
De vagar, de vagariño ( lentamente )
Ó xeito ( con coidado )
Ás presas, á presa, a escape, a correr.
A eito ( en cantidade e de calquera maneira )
A feito ( de principio a fin )
De súpeto, de socato, de repente, de golpe.
Ó chou, a rumbo, ás toas, a treu.
A dereitas, ó dereito.
A propósito, á mantenta.
Do revés, ó revés.
En balde, en van ( inutilmente )
De balde ( gratis )
Ó cabo, á fin ( finalmente)
De veras.
Polo miúdo ( minuciosamente )
Ás claras.
Ás agachadas, a furto ( secretamente ).
4.- Adverbios nocionais de cantidade e precisión. Canto?
Formas mínimas: abondo, algo, bastante, ben, canto, case/casemente, incluso, logo, máis, malamente, medio, menos, mesmo/mesmamente, moito/moi, nada, pouco, só/soamente, talmente, tanto/tan, todo, xusto.
Locucións – de menos, de máis, de sobra, de abondo, de todo, por completo, a medias, un pouco, con forza ( en abundancia ).
5.- Negación-afirmación-dúbida.
AFIRMACIÓN | NEGACIÓN |
si | non |
abofé | non xa |
tamén | nin |
de certo | sequera |
así mesmo | nin sequera |
| tampouco |
En galego, para responder afirmativamente a unha pregunta , é moi frecuente repetir o verbo da oración principal: ¿Compraches o vestido? Comprei.
Dúbida. Vale para a afirmación e para a negación.
acaso, quizá-quizais-quizabes, ao mellor, talvez, se cadra, se callar, seica, disque, igual
lunes, 25 de mayo de 2009
A Palabra do día
Provén latín tardio "follicare" "soprar, respirar, con base na idea do camiñante que se detén para recobrar o alento ao final dunha costa.
Estar ocioso ou sen realizar ningún traballo. Pasar o tempo divertíndose. Estar sen traballar a terra un ano ou máis tempo. Alegrarse unha persoa por algún acontecemento (folgarse).
Pero se folgar é descansar, cando o repouso é habitual, o que o goza convértese en folgazán/lacazán/calaceiro/lorán/loubán/preguiceiro.
En cambio, se falamos de medidas sindicais de paralización de tarefas, os que as levan a cabo son folguistas.
As persoas que, cando os seus compañeiros se declaran en folga, continua a traballar ou substitúa a unha persoa en folga son os crebafolgas.
miércoles, 20 de mayo de 2009
A palabra do día
Insecto coleóptero, da familia dos coccinélidos, que presenta o corpo case esférico, con puntos de cor negra nos élitros vermellos.
SIN: barrosiña, costureira, maruxiña, papasol, papoia, reirrei, voaniña, voíña.
martes, 19 de mayo de 2009
OS NUMERAIS
Os numerais son os determinantes que acompañan un substantivo e nos indican cantidade exacta (cardinais), orde (ordinais), fraccións (partitivos) ou múltiplos (múltiplos).
Os cardinais indican un número determinado de elementos da realidade contable. Estas son as súas formas:
1 | un, unha | 16 | dezaseis | 50 | cincuenta |
2 | dous,dúas | 17 | dezasete | 60 | sesenta |
3 | tres | 18 | dezaoito | 70 | setenta |
4 | catro | 18 | dezanove | 80 | oitenta |
5 | cinco | 20 | vinte | 90 | noventa |
6 | seis | 21 | Vinte e un | 100 | cen |
7 | sete | 200 | douscentos | ||
8 | oito | 22 | Vinte e dous | duascentas | |
9 | nove | 300 | trescentos/as | ||
10 | dez | 23 | Vinte e tres... | 400 | catrocentos/as |
11 | once | 30 | trinta | 500 | cincocentos/as |
12 | doce | 31 | trinta e un... | quiñentos/as | |
13 | trece | 33 | trinta e tres... | 600 | seiscentos |
14 | catorce | 40 | corenta... | 1.000 | mil |
15 | quince | 47 | corenta e sete | 1.000.000 | un millón |
Os ordinais sinalan o lugar que ocupa un elemento nunha serie.
1º | primeiro | 16º | décimo sexto |
2º | segundo | 17º | décimo sétimo |
3º | terceiro | 18º | décimo oitavo |
4º | cuarto | 19º | décimo noveno |
5º | quinto | 20º | vixésimo |
6º | sexto | 21º | vixésimo primeiro |
7º | sétimo | 22º | vixésimo segundo |
8º | oitavo | 30º | trixésimo |
9º | noveno | 40º | cuadraxésimo |
10º | décimo | 50º | quincuaxésimo |
11º | undécimo | 60º | sesaxésimo |
décimo primeiro | 70º | septuaxésimo | |
12º | duodécimo | 80º | octoxésimo |
duodécimo | 90º | nonaxésimo | |
13º | décimo terceiro | 100º | centésimo |
14º | décimo cuarto | 1000º | milésimo |
Todas as formas dos ordinais admiten morfemas de xénero e número. Nas formas compostas, só se engaden ó segundo elemento: décimo quinto, décimo quinta, décimo quintos, décimo quintas.
Os partitivos sinalan a fracción exacta dun todo. Teñen estas formas:
1/2 medio/a; metade, 1/3 terzo/a , 1/4 cuarto/a , 1/5 quinto/a, 1/6 sexto , 1/7 sétimo, 1/8 oitavo, 1/9 noveno/a, 1/10 décimo/a, 1/11 onceavo/a, 1/12 doceavo, 1/ 13 treceavo, 1/20 vinteavo, 1/ 100 centésimo
Obsérvese que a partir de 1/11, exceptuando 1/100, 1/1000 e 1/1000000, o partitivo faise engadindo ó cardinal o sufixo –avo: 2/28 dous vinte e oitoavos.
Os multiplicativos
A forma máis xeral de incluír esta información nun texto consiste en engadirlle a un cardinal calquera o substantivo veces. Esta cidade é vinte e cinco veces máis grande ca a outra.
Ademais, algúns números cardinais teñen formas específicas para indicar este contido. Trátase dunha palabra que pode funcionar como adxectivo ou como substantivo e que presenta flexión de xénero (-o para o masculino e -a para o feminino). O cardinal 2 ten ademais outra forma invariable que cumpre a mesma función.
2 dobre duplo/-pla
3 triplo/-pla
4 cuádruplo/-pla
5 quíntuplo/-pla
6 séxtuplo/-pla
7 séptuplo/-pla
De todas elas, só as correspondentes a 2 e 3 teñen un certo uso na lingua, xa que as outras pertencen a un nivel extremadamente culto e case non se empregan na actualidade.
Hai certos substantivos numerais ou colectivos relacionados cos numerais como:
par: un par de ollos
parella: unha parella de gatos
trío: eles forman un trío para cantar
decena/ducia: merquei unha ducia de ovos
cento: Xosé pesa un cento de quilos
milleiro: Diso fai un milleiro de anos
metade: Quero a metade da mazá
Para indicarmos orde tamén podemos empregar os numerais cardinais no canto dos ordinais, solución que mesmo nos parece aconsellable a partir do cardinal décimo noveno. Así, en vez de dicirmos a cláusula trixésimo segunda podemos dicir a cláusula trinta e dúas.
Medidas de capacidade para líquidos
1 moio = 8 olas; 1 ola, arroba, cántara =
Medidas de capacidade para áridos
1 fanega = 4 ferrados; 1 ferrado, tega = uns
Medidas de peso
1 quintal =
Medidas de superficie
1 fanega = 4 ferrados; 1 ferrado, tega = case 5 áreas; 1 esca, tego = ½ ferrado; 1 copelo = 1/5 de área; 1 estadal =1/100 ferrado.
Medidas de lonxitude
1 legua = uns 5 ½ km,
lunes, 18 de mayo de 2009
A palabra do día
1 Fretar unha parte do corpo cando proe coas uñas ou contra algo.
2 Fretar coas uñas a pel ou outra parte do corpo de alguén.
3 Levantar a capa que cobre unha superficie pasando sobre ela algo afiado.
4 verbo pronominal: Fretarse coas uñas a pel.
SIN: cofar, rañar, cofarse, rañarse.
miércoles, 6 de mayo de 2009
RELATIVO, INTERROGATIVO E EXCLAMATIVO
1.- RELATIVOS
Que, Quen (invariables); Cal, Cales; Canto, -a, -os, -as; Cuxo, -a, -os, -as
1- a) “QUENES” é un castelanismo e b) “CAIS” un lusismo que debemos rexeitar. Debe polo tanto dicirse nos plurais: a) QUEN sodes? - QUEN chama? - Os QUE viñeron xa se foron. b) CALES queres?
-> “QUEN” só pode levar o verbo en plural co verbo SER: QUEN SON?, QUEN SERÍAN?. Cos demais verbos, o verbo ten que ir en singular: QUEN veu?. QUEN debe escribir?
2-”QUEN” pode usarse como “SER CAPAZ DE”: a) Non foi “quen” de tocarme. b) Non es “quen” de vir.
3- Nas novas normas admítese o antes rexeitado relativo posesivo CUXO, CUXA, cos seus plurais CUXOS, CUXAS.
2.-INTERROGATIVOS
Son as mesmas partículas: QUE, QUEN, CAL, CALES que funcionan tamén coma EXCLAMATIVOS. É moi enxebre o seu uso precedido do artigo. Exemplo: O que alí vin!.
Quen, tamén coma exclamativo: ¡Quen puidera convosco voar!
Que, seguido da preposición de e un nome indica cantidade: ¡Que de xente había alí!, equivale a Canta xente había alí!.
CANTO, CANTA, CANTOS, CANTAS, CANDO, COMO e ONDE úsanse coma interrogativos con matiz adverbial de cantidade e como exclamativos: Canto leva padecido!. Cando o pensas facer!. Como me chamabas!.
Ás veces, aínda que se vai perdendo o seu uso, topamos as seguintes formas dun INTERROGATIVO adverbial de orixe latina -UBI- Quedan: ULO, ULA; ULOS e ULAS. O “u” é o interrogativo, LO, LA, LOS, LAS, son pronomes de terceira persoa con oficio de O. Directo. Exemplo: “Os amigos ¿ULOS?”.
Cando é adxectivo vai unido o artigo e polo tanto separado polo trazo. Exemplo: U-los libros?”.
martes, 5 de mayo de 2009
A palabra do día
Do lat. nōdu.
Conexión, enlace, lazo, ligadura, ligazón, vínculo.
Punto en que concorren dúas ou máis pezas dunha armadura.
lunes, 4 de mayo de 2009
A palabra do día
Do ár. al- ’isās ‘os cimentos’
Escavación que se realiza na terra para asentar as bases dunha construción. Con esta acepción utilízase xeralmente en plural.
Apoio, base, cimentación, cimento(s), fundamento.