miércoles, 6 de mayo de 2009

RELATIVO, INTERROGATIVO E EXCLAMATIVO

1.- RELATIVOS

Que, Quen (invariables); Cal, Cales; Canto, -a, -os, -as; Cuxo, -a, -os, -as

1- a) “QUENES” é un castelanismo e b) “CAIS” un lusismo que debemos rexeitar. Debe polo tanto dicirse nos plurais: a) QUEN sodes? - QUEN chama? - Os QUE viñeron xa se foron. b) CALES queres?

-> “QUEN” só pode levar o verbo en plural co verbo SER: QUEN SON?, QUEN SERÍAN?. Cos demais verbos, o verbo ten que ir en singular: QUEN veu?. QUEN debe escribir?

2-”QUEN” pode usarse como “SER CAPAZ DE”: a) Non foi “quen” de tocarme. b) Non es “quen” de vir.

3- Nas novas normas admítese o antes rexeitado relativo posesivo CUXO, CUXA, cos seus plurais CUXOS, CUXAS.

2.-INTERROGATIVOS
Son as mesmas partículas: QUE, QUEN, CAL, CALES que funcionan tamén coma EXCLAMATIVOS. É moi enxebre o seu uso precedido do artigo. Exemplo: O que alí vin!.

Quen, tamén coma exclamativo: ¡Quen puidera convosco voar!
Que, seguido da preposición de e un nome indica cantidade: ¡Que de xente había alí!, equivale a Canta xente había alí!.

CANTO, CANTA, CANTOS, CANTAS, CANDO, COMO e ONDE úsanse coma interrogativos con matiz adverbial de cantidade e como exclamativos: Canto leva padecido!. Cando o pensas facer!. Como me chamabas!.

Ás veces, aínda que se vai perdendo o seu uso, topamos as seguintes formas dun INTERROGATIVO adverbial de orixe latina -UBI- Quedan: ULO, ULA; ULOS e ULAS. O “u” é o interrogativo, LO, LA, LOS, LAS, son pronomes de terceira persoa con oficio de O. Directo. Exemplo: “Os amigos ¿ULOS?”.

Cando é adxectivo vai unido o artigo e polo tanto separado polo trazo. Exemplo: U-los libros?”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario