miércoles, 21 de enero de 2009

A PALABRA DO DÍA

Gaita
Segundo a RAG é un instrumento musical de vento que consta dun fol, que se enche soprando, e de varios tubos de madeira por onde sae o aire ao premer o fol entre o brazo e o costado
A gaita é un dos instrumentos musicais máis antigos, e foi descrita, con diversos nomes, por gregos, romanos e pobos xermánicos.
Feita de pel de cabra, os romanos identificábana cun odre/ pelello e chamábana utriculus (odriño); Suetonio narra que Nerón ofreceuse en certa ocasión a "tocador de odriño", como castigo por non vencer nun torneo sobre poesía.
Os invasores xermánicos, que conquistaron a Península Ibérica no século VI da nosa era, levaron a gaita, que chamaban gaits, palabra que na súa lingua significaba cabra. Este nome mantívose noutras linguas, como "gayda" en serbocroata e "gainda" en húngaro.
Nalgunhas rexións de España prefírese o termo latino cornamusa, empregado tamén en Francia (cornemuse).

No hay comentarios:

Publicar un comentario